QUE FACER?

Música, humor e literatura para esta fin de semana

Facémosvos catro propostas para esta finde: desde un percurso literario até un concerto de gaita, saxo e acordeón, desde as gargalladas garantidas até o mergullo na percusión galega tradicional.

Sexta feira

A Coruña. Teatro Rosalía. 21 horas. BellónMaceiras. Concerto deste dueto formado por Daniel Bellón (gaita e saxo) e DIego Maceiras (acordeón).

Sábado

A Coruña. Pedro Feijóo e a A Coruña literaria. O escritor realiza un percorrido pola cidade dentro do programa Paseos pola Coruña literaria. 

Redondela. Auditorio da Xunqueira. 21 horas. Mofa e Befa. Os grandes clásicos do humor galego apresenta un dos seus últimos espectáculos, Cociña económica

Domingo

Lugo. Museu Provincial. 12.30 horas. Xosé Lois Romero e Aliboria. Apresentación do recente traballo baseado na percusión galega que capitanea Xosé Lois Romero nos xardíns do claustro do Museo.

Máis en CULTURA
Comentarios