Cafe Society -o último Woody Allen- abrirá este 11 de maio, fóra de concurso, a 65 edición do Festival de Cannes.
É a terceira vez que unha fita do realizador de Nova Iorque constitúe o pórtico dun dos festivais de cinema de maior prestixio do mundo, após Hollywood Ending (2002) e Meia Noite en París (2011).
O novo filme de Allen -unha historia ambientada nos anos 30 na industria do cinema norte-americana- está protagonizado por Kristen Stewart e Jesse Einsenberg e nos seus créditos, como responsábel da fotografía, aparece un dos grandes cineastas da últimas décadas, o italiano Vittorio Storaro, gañador de tres Óscars e cámara en clásicos como Novecento ou Apocalypse Now.