Eurovisión

As polémicas non cesan en Eurovisión: ausencias, renuncias, apupos, expulsións e protestas

Protestas en Malmo contra a participación de Israel en Eurovisión (Foto: Jens Büttner / DPA vía Europa Press).
Miles de persoas protestan na cidade de Malmo (Suecia), unhas 8.000 segundo as autoridades, en solidariedade con Palestina e contra a participación de Israel no festival musical que ten lugar este sábado, mais a controversia vai máis alá.

As polémicas non cesan en Eurovisión. Miles de persoas protestan na cidade de Malmo (Suecia), unhas 8.000 segundo as autoridades, en solidariedade con Palestina e contra a participación de Israel no festival musical que ten lugar este sábado, mais a controversia vai máis alá.

Neste contexto, a anterior participante de Noruega, a cantante Alessandra Mele, que ía ser a portavoz dos votos do xurado deste Estado, decidiu apearse do seu labor nun comunicado a través de redes sociais no que se mostrou solidaria co pobo palestino.

Pola súa parte, os apupos que xa se deran na semifinal contra a participante de Israel, Eden Golan, multiplicáronse durante os últimos ensaios que tiveron lugar horas antes do comezo da galega deste sábado, que ten o inicio programado ás 21 horas.

Durante a quenda de Francia, xa na recta final das actuacións, produciuse outro momento destacado. Slimane interrompeu a súa interpretación de Mon Amour durante os ensaios para pronunciarse e pedir a paz, arrincando os aplausos do mundo.

Ademais, Bambie Thug, a representante de Irlanda, ausentouse dos ensaios este sábado para pór en coñecemento da organización unha queixa polos comentarios pexorativos cara a ela na retransmisión da semifinal de KAN.

O caso dos Países Baixos

O representante dos Países Baixos no festival de Eurovisión, Joost Klein, non participará na final do certame musical que terá lugar este sábado despois dun un intento de "intimidación" a unha integrante do equipo de produción, segundo fixo saber.

A delegación neerlandesa recoñeceu que o cantante se dirixiu cun xesto agresivo á integrante do equipo de produción, mais que a cousa non foi máis alá e non houbo ningún tipo de contacto físico, polo que consideraron a decisión de desproporcionada.

A expulsión chega despois de que o cantante neerlandés se fixese viral nas redes por unha intervención na que animaba a responder a pregunta dun xornalista á representante de Israel sobre o aumento da inseguridade pola súa presenza no festival.