Este libro, verquido á nosa lingua por Henrique Harquindey, que tamén asina un necesario limiar sobre a obra, é unha novela de cabalería do século XIV que foi un auténtico best-seller en toda Europa e que ten por heroe que encarna todas as perfeccións un fillo dun rei galego.
A editorial Rinoceronte vén de encher un importante baleiro ao publicar esta obra -de autor descoñecido- cuxa existencia só era coñecida practicamente por algúns filólogos e medievalistas, principalmente franceses.
O acto de presentación, organizado pola asociación O Galo, terá lugar ás 20 horas da quinta feira en Couceiro, coa presenza do tradutor e de Luis Gonçales Blasco Foz, Profesor de lingua e literatura galega.