O novo líder xaponés convocará eleccións para o 27 de outubro

Todo indica que o lexislativo nomeará a terza feira Ishiba como novo primeiro ministro.
Shigeru Ishiba. (Foto: Pool / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)
photo_camera Shigeru Ishiba. (Foto: Pool / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)

A terza feira prevese que Shigeru Ishiba sexa elixido polo Parlamento como novo primeiro ministro do Xapón após ser designado novo líder polo Partido Liberal Democrático (PLD), que goberna o país asiático. A segunda, Ishiba anunciou que disolverá o lexislativo e convocará eleccións xerais para o 27 de outubro.

Unha vez que o conservador PLD nomea un novo liderado e este asume a dirección do Goberno adoita convocar eleccións para concentrar o voto e evitar a perda de apoios derivada da acción de Goberno.

Así e todo, nestas votacións terá que enfrontar os múltiples escándalos que sacudiron nos últimos anos o PLD, e que foron claves na renuncia do aínda primeiro ministro Fumio Kishida.

Comentarios