Ada Colau asistirá como alcaldesa á manifestación soberanista do 11S

“Referendamos o noso compromiso con este proceso popular e amplo”, afirmou após se reunir coa ANC, mas evitou comprometerse coa entrada de Barcelona na Asemblea de concellos pola independencia (AMI).

Ada Colau _ Marc

Ada Colau estará presente como alcaldesa de Barcelona na manifestación que decorrerá na Meridiana este 11 de setembro e que colle o relevo das masivas mobilizacións independentistas realizadas nestes últimos tres anos en Catalunya. A propia Colau recoñeceu que tomará parte na mobilización como rexedora da principal cidade catalá, unhas declaracións feitas após a xuntanza que mantivo coa ANC e Òmnium Cultural, as 2 entidades cidadás que están a pular polo proceso soberanista.

“Viñemos aquí a reafirmar o noso compromiso con este proceso popular e amplo. Desde o Concello pensamos dar todas as facilidades e a nosa presenza institucional [na manifestación] está plenamente garantida”, manifestou Colau. Na xuntanza tamén se tratou a entrada de Barcelona na AMI (Asemblea de concellos independentistas). A líder de Barcelona en Comú manifestara que ese paso tería que ser aprobado en referendo pola cidadanía. Desde ANC sinalaran que ían pedir aos edís independentistas da candidatura de BCN en Comú que votasen a prol de entrar na AMI. Na xunranza, houbo noas propostas e ideas sobre a mesa para intentar achegar posturas. Ada Colau, ademais, anunciou un “compromiso propio” de Barcelona de cara á “soberanía real”.

Ataques de Chacón

A dirixente do PSOE Carme Chacón criticou á futura alcaldesa de Barcelona por, segundo ela, entregar a cidade ao proceso soberanista e advertiu que os socialistas non a apoiarán se opta por esa vía. Chacón falou dunha Barcelona integradora, universal e cosmopolita, o que dá a entender que sería antagónica dunha Barcelona que aposta na independencia de Catalunya.

Máis en Països Catalans
Comentarios