Dous Premios Nobel asinan un manifesto a prol da autodeterminación de Catalunya

Desmond Tutu e Pérez Esquivel defenden a celebración da consulta sobre a independencia nun texto que tamén apoian o cineasta Ken Loach ou o escritor Harold Bloom.  

Manifestación pola independencia en Catalunya
photo_camera Manifestación pola independencia en Catalunya

Dez personalidades internacionais asinaron un manifesto no que piden que os cataláns "poidan votar sobre o seu futuro futuro" e critican o inmobilismo do Estado español ao negarse a que acudan ás urnas. Entre @s asinantes atópanse os Premios Nobel Desmond Tutu e Adolfo Pérez Esquivel, o director de cine Ken Loach e o crítico e esctritor Harold Bloom, entre outros.

No manifesto 'Let Catalans Vote' (deixen votar aos cataláns), afirman que unha maioría da cidadanía expresou o seu desexo de exercer o dereito de autodeterminación, unha demanda que é "resultado dun longo desacordo entre os gobernos de Catalunya e España sobre o grado de autonomía cultural, política e financeira".

Os asinantes consideran que, como nos casos de Quebec e Escocia, a mellor forma de resolver o conflito político é utilizando as ferramentas da democracia e que "impedir que os cataláns voten parece contradicir os principios que inspiran as sociedades democráticas".

Máis en Països Catalans
Comentarios