O coordinador nacional de Iniciativa per Catalunha (ICV), Joan Herrera, desvelou que finalmente si votará este 9 de novembro pero que optará por pedir que Catalunya sexa un Estado pero non independente, polo que formará parte dos que opten polo “si-non” na dupla pregunta.
O líder da formación aliada con Izquierda Unida explicou que o seu será un voto que "expresará a non-subordinación sen necesidade de apoiar a secesión", se ben recoñeceu que no seu partido haberá diferencias de voto. "O noso non é un posicionamento pechado a outras opcións", dixo, remarcando que comparten tod@s en ICV é a necesidade de cambiar as relacións entre Catalunya e España, que considera “insostíbeis”, ben desde a opción federalista ou da independentista