O ministro de Xustiza advirte dunha posíbel actuación da Fiscalía

Catalá ofreceu unha rolda de prensa para descualificar o proceso de participación en Catalunya, que dixo que só é “un acto de propaganda”

O ministro de Xustiza do Goberno español, Rafael Catalá, cualificou o proceso de participación cidadá no que votaron máis de dous millóns de persoas en Catalunya como "un acto de propaganda organizado polos independentistas, sen validez democrática e co obxectivo de ocultar o fracaso de Artur Mas”.

Así mesmo, o ministro -que ofreceu unha rolda de prensa por unha votación que prohibiu- advertiu que a Fiscalía segue solicitando datos e valora se se produciron responsabilidades penais para así nos próximos días “iniciar as accións legais que correspondan”.

Máis en Països Catalans
Comentarios