O 14 de xuño a militancia de Unió Democràtica de Catalunya (UDC), o socio minoritario de CiU, tomará parte nunha consulta interna sobre o proceso soberanista. Unha cita de calado e trascendencia para unha formación cuxos principais referentes -caso de Durán i Lleida- mantiveron posicionamentos ambiguos, cando non refractarios, ao impulso soberanista que tomaba este proceso. Por iso a pregunta a propoñer pola dirección para esta consulta levada tempo centrando todas as miradas. Finalmente, a cuestión que se porporá botar desbota a opción de declaración unilateral de independencia (DUI) e é considera como unha pregunta “que desafía a folla de rota” pactada por CiU, ERC e entidades soberanistas, segundo recolle Vilaweb. A pregunta non logrou a unanimidade da dirección, onde houbo 17 votos a favor por 9 en contra e 1 abstención.
O malestar no sector independentista de Unió é máis que evidente. A semana pasada presentaran un escrito avalado por máis dun millar de militantes que pedían un posicionamento claro a prol da independencia. De feito, algunhas das persoas de máis peso deste sector xa adiantaron que votarán ‘non’ a esa pregunta na consulta por entender que é unha cuestión contra a independencia.