O xuíz non ve “razóns de urxencia” para retirar as urnas e deter a quen colabora co 9-N

Denega a petición de UPyD para actuar de inmediato no proceso de participación xa que considera que non sería “proporcionado” nin existe risco para a orde pública.

O xuíz rexeitou tomar as medidas cautelares contra o proceso participativo do 9-N que este mesmo domingo pediu UPyD, porque "non teñen proporcionalidade e non hai neste momento razóns de urxencia ou relativas á orde pública que aconsellen a súa adopción".

Ademais, "o substrato político e de normativa constitucional que evidentemente latexa baixo estes feitos non corresponde solucionalo aos tribunais da xurisdición penal ordinaria e menos pola vía de urxencia", segundo di o auto tras recibir o informe de Fiscalía.

UPyD denunciaba ao presidente da Generalitat e a varios conselleiros e pedía pechar os edificios públicos onde se vota este domingo, así como “incautar” todo o material utilizado e deter aos responsábeis.

Con todo, o xulgado de garda de Barcelona admitiu a trámite esta e outras dúas denuncias -unha da estrema dereita de Plataforma per Catalunya e outra dun concelleiro do PP- e investigará se hai delitos en función da orde española

Máis en Països Catalans
Comentarios