Segundo os datos actualizados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta quinta feira, seguen 28 pacientes ingresados en UCI na e descenden a 93 os doutras unidades -tres menos-.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas áreas de Ferrol, Ourense e Pontevedra e O Salnés; aumenta lixeiramente nas de Santiago e Barbanza e Vigo; e mantense nas da Coruña e Cee e Lugo.
En concreto, na de Ferrol descenden a dous os pacientes Covid en UCI -un menos- e a tres os doutras unidades -un menos-; mentres que na de Ourense seguen seis en críticos e caen a catro as doutras unidades -dous menos-.
Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés continúan catro pacientes en UCI e baixan a nove os doutras unidades -dous menos-, mentres que na de Lugo seguen dúas en críticos e 11 noutras unidades.
En canto á área da Coruña e Cee, continúa cos mesmos no global, xa que aínda que aumentan a cinco os pacientes en UCI -un máis-, baixan a 25 os doutras unidades -un menos-.
Na de Santiago e Barbanza soben a catro o críticos -un máis- e a 18 os doutras unidades -un máis- e na de Vigo aínda que descenden a cinco os que se atopan en UCI -un menos-, aumentan a 23 os doutras unidades -dous máis-.
Casos activos
Os casos activos de Covid-19 seguen coa tendencia descendente por sexta xornada consecutiva ao caer a 2.400, vinte menos que a xornada anterior, ao rexistrarse máis altas (163) que contaxios (143) e non haber falecidos. Deste xeito, mantéñense en valores da segunda quincena de agosto do ano pasado.
Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Pontevedra e O Salnés (-19), A Coruña e Cee (-15) e Vigo (-10); mentres que soben nas de Lugo (+11), Ourense (+5), Ferrol (+5) e Santiago e Barbanza (+3).
Deste xeito, a de Vigo continúa á cabeza con 712 casos activos; seguida da Coruña e Cee, con 446; Santiago e Barbanza, con 442; Lugo, con 233; Pontevedra e O Salnés, con 291; Ourense, con 196; e Ferrol segue á cola con 80.
Novos contaxios
Pola súa banda, os novos contaxios detectados por calquera tipo de proba subiron lixeiramente a 143 tras manterse en 130 nas dúas últimas xornadas, despois de descender aos 89 na terzaz e situarse por baixo do centenar, e arrincar esta semana con 123.
Do conxunto de positivos 145 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas -supoñen 19 máis-, dos que 44 corresponden á área de Vigo; 29, á de Santiago e Barbanza; 21, á de Lugo; 17, á de Ourense; 12, a Pontevedra e O Salnés; outros 12 á da Coruña e Cee; e 10, á de Ferrol.
Realizáronse 6.942 PCR na última xornada, algo máis dun milleiro que as feitas o día anterior.
A taxa de positividade mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana ao ascender moi lixeiramente ao 1,71%. Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galiza excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.
As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.415 no conxunto da Galiza, ao non notificar a Consellería de Sanidade novas vítimas.