Seis días, nove localidades, trece presentacións, perto de 400 asistentes aos actos... Estas son algunhas das cifras da I Semana galega pola Renda Básica das Iguais (RBis). @s organizador@s da actividade (desde centros sociais a estudiantís ou sindicatos) a valoración é "tremendamente positiva". Como resumo, pódese dicer que a RBIs defende o dereito de cada persoa a recibir periódicamente uns ingresos para cubrir as súas necesidades. Para atinxir esta finalidade, apóstase, entre outras vías, pola re-asignación do gasto público e a reforma do sistema fiscal-
Entre @s impulsor@s da semana están colectivos como a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a CNT ou a Liga Estudantil Galega, entre outros moitos
Sinalan que "cando nos botamos á estrada non sabiamos o que nos iamos atopar en cada unha das localidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Allariz e As Pontes. Agora podemos dicir que os encontros foron ricos e diversos con colectivos e persoas de ámbitos tan diversos como o: libertario, sindicalismo, profesional, feminismo, okupa, político... e que o intercambio foi rico e posibilitador, á hora de crear dinámicas que rachen co capitalismo".
"A RBI comeza a empapar a realidade social de Galiza"
Apuntan que tras todos estes actos (palestras, debates,..) a proposta da RBis sae fortalecida "e tamén que comeza a empapar a realidade social de Galiza. Cando hai case catro anos comezamos a pensar no estudo, éramos coñecedoras do verde que estaba esta ferramenta por estas terras. Agora recollemos con esta rolda de presentacións algúns froitos que nos animan a seguir a movernos pola RBis".