Críticas no Barbanza, Noia e Lugo aos recortes sanitarios da Xunta

As críticas á xestión da sanidade pública galega por parte da Xunta foron protagonistas de varias mobilizacións esta sexta feira. A plataforma SOS Sanidade Pública concentrouse diante dos ambulatorios de Rianxo e Porto do Son. Ademais, o pleno do Concello de Lugo aprobou, co voto a favor do PSdeG e do BNG e a abstención do PP, unha proposición nacionalista para demandar á Xunta recursos e persoal necesarios para "garantir o dereito fundamental" das mulleres lucenses a abortar en hospitais públicos da provincia. 
Protesta diante do ambulatorio de Porto do Son (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta diante do ambulatorio de Porto do Son (Foto: Nós Diario).
Comentarios