Accidente de Angrois: condenados tanto o maquinista como o ex director de seguridade de ADIF a dous anos e medio de cárcere

Pola comisión de 79 delitos de homicidio e 143 delitos de lesións por imprudencia grave. Ademais, inhabilitounos para o exercicio das súas profesións durante catro anos e medio; e impúxolles o pago dunha indemnización, con responsabilidade civil directa das entidades QBE e Allianz Global, aseguradoras, respectivamente, de Renfe Operadora e ADIF, de máis de 25 millóns de euros ás vítimas.
O xuízo polo accidente en Angrois decorre na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Álvaro Ballesteros / Europa Press).
photo_camera O xuízo polo accidente en Angrois decorre na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Comentarios