París 2024

A axenda da Galiza nos Xogos: os eventos a seguir este sábado 27 de xullo

Calendario diario do deporte galego en París 2024.
Axenda galega do 27 de xullo.
photo_camera Axenda galega do 27 de xullo.

Após a estrea da pontevedresa Teresa Abelleira como a primeira galega en competir nestes Xogos, este sábado 27 de xullo, no primeiro día de competición oficial, temos unha variada representación galega desde as 9 horas, cando a selección estatal masculina de balonmán, co porteiro cangués Rodrigo Corrales, debutará ante Eslovenia.

Unha hora despois desprazarémonos até o Champ de Mars Arena para seguir a loita polas medallas da judoka Laura Martínez, que se verá no tatami coa chilena Mary Dee Vargas nos dezaseisavos de final na categoría de -48 kg.

E canda ela estará Fran Garrigós (-60 kg), que saltará directamente á segunda rolda para medirse ao salvadoreño Jaime Moreno ou o belga Jorre Vestraeten. E desde as 11.30 compiten no dobre scull de remo o moañés Rodrigo Conde e o catalán Aleix García nas series clasificatorias.

Comentarios