París 2024

O momento no que o rapeiro Snoop Dogg levou a chama olímpica

O artista pediu "paz, amor e respecto".
O rapeiro Snoop Dog co facho olímpico. (Foto: Marcus Brandt / DPA vía Europa Press)
photo_camera O rapeiro Snoop Dog co facho olímpico. (Foto: Marcus Brandt / DPA vía Europa Press)

Xa temos unha das imaxes máis comentadas destes Xogos Olímpicos... e iso que aínda non comezaron. O recoñecido rapeiro estadounidense Snoop Dogg foi un dos elixidos para portar o facho olímpico no treito final do seu percorrido, que culminará esta tarde-noite nunha innovadora cerimonia de apertura sobre as augas do río Sena.

Nos apenas 200 metros nos que lle tocou levar o facho, o rapeiro de 52 anos tivo tempo de bailar, sorrir e reivindicar a "paz, amor e respecto" que caracterizan o espírito olímpico.

Máis en DEPORTES
Comentarios