O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas e candidato á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, vén de ser pai por segunda vez ao nacer na Arxentina a súa filla Maitén, á que terá que agardar a coñecer debido ao confinamento decretado pola emerxencia sanitaria do coronavirus.
Gómez-Reino, tamén deputado no Congreso español, deu a coñecer publicamente o nacemento de Maitén a través das súas redes sociais, onde recibiu os parabéns da a ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Unidas Podemos), e de deputados como Néstor Rego (BNG) e Pilar Cancela (PSOE).
"Naceu Maitén. A vida ábrese camiño sempre. Luz e esperanza. Naceu sa e forte, decidida. Leva con ela o nome dunha árbore da cordilleira andina, onde viu o mundo por primeira vez", di chío de Gómez-Reino.