O neno Xesús, 'desafiuzado' do portal de belén do Concello de Compostela

O colectivo Fartas reivindica a retirada da figura ornamental cunha chamada telefónica anónima. A acción de protesta coloca o foco sobre o negocio das hipotecas, que deixa sen casa 50 persoas ao día na Galiza. Reclaman do goberno local e da Xunta "medidas que vaian máis aló das meras declaracións" e critican os adornos natalicios colocados pola cidade e pagados con diñeiros público namentres cada vez máis veciñ@s "fican condenadas á fame"
photo_camera No decorado colocado no Obradoiro co gallo destas datas falta a figura do neno [Imaxe: SG]
Comentarios