Pacientes cualificaron de "inferno" as altas temperaturas que soportan no Hospital de Conxo, en Santiago, segundo informou o Defensor do Paciente. Nun comunicado, alertaron que iso supón "pór en risco" a pacientes xa enfermos que van a un hospital para curar "non a morrer dun golpe de calor".
Esa situación tamén afecta os traballadores e traballadoras do Hospital que, "poucos e asfixiados", de "mala maneira" poderán realizar unha "boa asistencia". Por iso, o Defensor do Paciente trasladou a situación ao Fiscal Superior da Galiza, Fernando Suances.
Por outra parte, Sete persoas perderon a vida na Galiza esta terza feira, día 30, por mor das altas temperaturas da vaga de calor. Na súa maioría mulleres (4) e de avanzada idade.
Estes falecementos súmanse aos 33 rexistrados entre o 23 e o 29 de xullo na Galiza e que son atribuíbeis ao exceso de temperatura. Así pois, entre 23 e 30 pe4deron a vida por esta causa 40 persoas na Galiza.
O sistema de monitorización da mortalidade por todas as causas (MOMO) do Instituto Carlos III recolle día a día todas as persoas falecidas no Estado, indicando tamén as diversas causas da mortaldade.