Un home de 82 anos faleceu ao ser atropelado polo vehículo que conducía a súa muller cando realizaba a manobra de marcha atrás no lugar de Ameá, no municipio de Sarreaus (A Limia). Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o suceso tivo lugar ás 22.25 horas nun camiño de terra que dá acceso a un garaxe e a dúas vivendas particulares, polo que non ten consideración de vía pública. Este feito, conforme sinala a Garda Civil, exclúe que o sinistro sexa tratado como un accidente de tráfico e pasa a considerarse como doméstico. A xuíza e o médico forense desprazáronse ao lugar.
Morre un home de 82 anos atropelado pola súa muller ao dar marcha atrás co coche en Sarreaus
O suceso tivo lugar ás 22.25 horas nun camiño de terra que dá acceso a un garaxe e a dúas vivendas particulares.
![Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2024/02/13/2024021311584451878.jpg)