As pensións galegas están un 14% por baixo da media do Estado español

Os ingresos medios das pensións situáronse na Galiza a finais de xullo en 1.075 euros. Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, presentados por provincias,  recibían algún tipo de pensión contributiva 305.565 persoas na Coruña, 113.009 en Lugo, 107.499 en Ourense e 248.913 de Pontevedra.

Un ancián camiña por unha aldea dos Ancares. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Un ancián camiña por unha aldea dos Ancares. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios