Besteiro informa ao comité de Alcoa en San Cibrao que se autorizarán tres parques eólicos

Beteiro acompañado de responsábeis municipais visitou ao comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Foto: Nós Diario).
O líder socialista trasladou estas "boas noticias" coa idea de que deas "viabiliddae" á fábrica instalada na Mariña.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou esta segunda feira nunha reunión co comité de Alcoa en San Cibrao que o Goberno central prevé autorizar en próximos días tres parques eólicos que dotarán de enerxía ao complexo de Cervo (A Mariña).

Segundo expón nun comunicado, xunto outros dous parques aprobados a comezos deste mes -Tesouro (50,4 megawatts) e Santuario (161 megawatts)-, estas instalacións sumarán un total de 500 megawatts.

En concreto, os tres novos eólicos serán os de Barqueiro (126 megawatts), Badulaque (102,4 megawatts) e Moeche (50,4 megawatts).

O líder socialista trasladou esta información como "boas noticias" para facilitar enerxía "limpa e máis barata" á planta situada na Mariña. Neste encontro -no que tamén participaron a alcaldesa socialista de Viveiro, María Loureiro, e o alcalde de Foz, Francisco Cajoto- Besteiro- mostrou o compromiso do Goberno coa "continuidade e a viabilidade" da produción de aluminio e alúmina para que "se cumpra o acordo entre Alcoa e o cadro de persoal".

Por último, Besteiro rematou por desexar que ese acordo fose "con esta empresa ou con outra solvente".

Peticións do comité

Pola súa parte, o comité de empresa reclamou a Besteiro que intermedie ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica para a aprobación dos nós dos parques que foron aprobados con declaración ambiental positiva, "mais catro días fóra de prazo por parte do Ministerio".

Ademais, o comité pide reunións mensuais para saber do avance dos parques eólicos. Paralelamente, sinala que está pendente reunirse coa Xunta polo tema da balsa de lodos.