Opinión

Brasil, os límites do reformismo

As grandes mobilizacións que se están a dar no Brasil, poñendo en dificultades o Goberno de Dilma Rousseff e xerando unha grande confusión política na esquerda, reflicten con toda claridade os límites do reformismo. Teño tratado este tema noutros artigos, mais neste caso danse nunha potencia emerxente, moi próxima a nos na lingua, e na que con estas políticas socialdemócratas rebaixáronse os índices de pobreza e o desemprego. Semellaba para moitos, dentro e fóra do país, o camiño para a transformación, para facer realidade aquela palabra de orde dos Foros Sociais Mundiais de Porto Alegre: outro mundo é posíbel. Esta vía tiña a vantaxe dun cambio sen grandes conflitos, sen que a loita de clases o tensionara todo e sen cuestionar a orde mundial. Ou sexa, era un atallo. Porén, o atallo non era tal, e o aumento do prezo dos buses sería a escusa necesaria para que un sector importante da poboación expresase o anoxo, diante dun modelo de crecemento e reparto que mantén os alicerces da explotación. No Brasil non se evitou a centralización e concentración da riqueza e o poder, e a exclusión tratase como un problema asistencial; aínda que se adiquen a este último aspecto máis recursos que nunca antes. 

As grandes mobilizacións que se están a dar no Brasil, poñendo en dificultades o Goberno de Dilma Rousseff e xerando unha grande confusión política na esquerda, reflicten con toda claridade os límites do reformismo. Teño tratado este tema noutros artigos, mais neste caso danse nunha potencia emerxente, moi próxima a nos na lingua, e na que con estas políticas socialdemócratas rebaixáronse os índices de pobreza e o desemprego. Semellaba para moitos, dentro e fóra do país, o camiño para a transformación, para facer realidade aquela palabra de orde dos Foros Sociais Mundiais de Porto Alegre: outro mundo é posíbel. Esta vía tiña a vantaxe dun cambio sen grandes conflitos, sen que a loita de clases o tensionara todo e sen cuestionar a orde mundial. Ou sexa, era un atallo. Porén, o atallo non era tal, e o aumento do prezo dos buses sería a escusa necesaria para que un sector importante da poboación expresase o anoxo, diante dun modelo de crecemento e reparto que mantén os alicerces da explotación. No Brasil non se evitou a centralización e concentración da riqueza e o poder, e a exclusión tratase como un problema asistencial; aínda que se adiquen a este último aspecto máis recursos que nunca antes. 

"No Brasil non se evitou a centralización e concentración da riqueza e o poder, e a exclusión tratase como un problema asistencial"

O sociólogo Emir Sader reflexionaba en Carta Maior, en relación con este tema, que era cedo para teorizar encol do futuro do movemento. Porén, facía unha primeira análise afirmando que tivo a virtualidade de reforzar as mobilizacións populares, demostrar que estas son efectivas para premer aos gobernos, xa que conseguiron que os concellos anulasen a suba do prezo dos billetes dos buses. Destacaba, que se trata dunha reivindicación xusta, que favorece as camadas máis populares, e ademais con obxectivos posíbeis. Asemade, di que “ficou claro tamén como os gobernos, dos máis diferentes partidos, uns máis -os de dereita- outros menos -os de esquerda- teñen dificultades de se relacionar coas mobilizacións populares. Toman decisións importantes sen consultar, e cando se enfrontan coas resistencias populares tenden a reafirmar tecnocraticamente súas decisións”.

Se analizamos a evolución do Brasil durante o período de gobernos do Partido do Traballo, que se inician coa presidencia de Lula da Silva en xaneiro de 2003, destacan os avances na loita contra a pobreza e a indixencia. Concretamente, segundo dados da CEPAL, entre os anos 2001 e 2011, a pobreza diminuíu do 17,3% da poboación ao 8,8%, e a indixencia do 5,8% ao 3,1%. Ademais aumentaron os ingresos salariais medios que, tomando como base 100 o ano 2005, atinxiron os 112 puntos no ano 2012. Aínda que neste caso o medre é menos consistente que na Arxentina onde os salarios atinxiron os 223 puntos, Uruguai os 136,9, ou Chile con 116,9 puntos. O Brasil consolidou ademais a súa fortaleza económica, destacando a entrada neta de capitais do exterior, e unha balanza de bens equilibrada. A débeda exterior é de 291.648 millóns de dólares (ano 2011), inferior á reserva de divisas que é de 373.910 millóns de dólares (2012). Lembremos que Brasil é un país con 200 millóns de habitantes e un PIB de 2,4 billóns de dólares (PPA), que case dobra o do Estado español, e iguala o de Francia ou do Reino Unido (ano 2011). 

"Brasil é un país con 200 millóns de habitantes e un PIB de 2,4 billóns de dólares (PPA), que case dobra o do Estado español, e iguala o de Francia ou do Reino Unido (ano 2011)."

As cifras reflicten polo tanto a eficacia do PT no goberno, en termos económicos, así como unha mellora das condicións de vida da maioría social. Agora ben, aínda sendo deste xeito, o Brasil fica moi afastado de contar con prestacións sociais e condicións laborais comparábeis a outros países da súa contorna. Algo que se evidencia cando analizamos a distribución da renda. Aínda que o 10% con menos ingresos e o 10% con máis evoluiron de xeito positivo, xa que pasaron de 2001 a 2011 do 0,6% ao 0.8%, no chanzo máis baixo e do 52,8% ao 45% no tope máximo, as diferenzas son moi grandes. Por exemplo, se as comparamos con outros países da contorna, ollamos que no ano 2011, o dez por cento máis rico acaparaba un 38% da renda na Arxentina e un 35% no Ecuador fronte ao 45% do Brasil.

Asemade, non podemos ignorar que as estatísticas non sempre reflicten a realidade, aínda que amosen as tendencias, especialmente nun contexto no que a opacidade, a especulación e a corrupción están estreitamente vinculadas ás grandes fortunas. As mobilizacións masivas amosan que grandes sectores da sociedade, especialmente a mocidade, esixen mudanzas máis profundas. Non están dispostos a aceptar neste intre un ritmo de cambios que nunca mudará os alicerces que reproducen a inxustiza da distribución da renda e do traballo, para alén de evitar moitas das situacións máis tráxicas. Unha enquisa realizada sobre a opinión dos que participan das protestas reflicte un perfil moi maioritario de opinións esquerda, aínda que só unha minoría partidos milite en partidos. Se o nivel político non é moi alto a responsabilidade está naqueles que, por distintas razóns, non lle dan a participación e protagonismo necesario ao movemento social.

Polo tanto, aínda que moitos queren ver na protesta a man da oposición, todo indica que non é o esencial, que son máis síntoma do descontente que dun movemento organizado. As situacións de violencia son mínimas e de grupos illados, como se comprobou o pasado xoves (quinta feira) cando máis dun millón de persoas volveron ocupar as rúas e prazas de moitas cidades do Brasil, salientando os 300.000 manifestantes en Río De Janeiro, os 110.000 en São Paulo, os 50.000 en Porto Alegre, 42.000 en Recife e 30.000 en Brasilia. Esta é a razón pola que o PT non amosa unha postura única de oposición frontal. Dilma chamou en varias oportunidades a negociar aos convocantes das mobilizacións, e a Central Única de Traballadores (CUT) e Forza Sindical rexeitaron a represión policial e chamaron a apoiar as protestas. Outro tanto fixo, o Partido Comunista do Brasil, e organizacións nas que ten incidencia (como a CTB e UNE). 

"Aínda que moitos queren ver na protesta a man da oposición, todo indica que non é o esencial, que son máis síntoma do descontente que dun movemento organizado"

O gobernador de Río Grande do Sul, Tarso Genro (milita no PT), valoraba diante dos xornalistas que isto estaba a acontecer porque o modelo “lulo-desenvomentista bateu no teito. Isto está acontecendo non porque ese modelo fracasou. Mais chegou ao seu límite e é preciso avanzar”. Aínda que Genro recoñece que a corrupción política ten incidencia nas protestas, afirma “que de eliminar os partidos o que resta é tecnocracia e depredación”. Malia que o gobernador gaucho salve da queima a etapa de Lula e Dilma, ou sexa, ás políticas desenvolvidas polo PT, o certo é que recoñece que o reformismo rematou sendo unha vía morta. Na súa análise, seguramente, non só ten en consideración a masividade das protestas, senón a súa composición social, e que están a facer reclamacións en materia de ensino e saúde que son propias da esquerda.

Sen dúbida estas mobilizacións no Brasil teñen algúns nexos co 15-M, a primaveira árabe, e as protestas de Turquía. Teñen en común o espontaneísmo, a utilización das redes sociais, a mocidade dos participantes, e o descontente coas teóricas forzas alternativas, xa que consideran que na práctica asumen as regras básicas do capital. Estas contestacións de masas reflicten a incapacidade para as clases populares avanzar, neste momento histórico, por medio de políticas reformistas (socialdemócratas). Políticas que no esencial manteñen os alicerces de explotación e opresión, e tampouco contribúen a articular e fortalecer á clase traballadora e outras camadas populares, debilitando así un cambio na correlación de forzas no futuro. Sementase no imaxinario colectivo, malia que non sexa a intención nalgúns casos, a idea de que non existe posibilidade de superar o sistema capitalista.

"Estas contestacións de masas reflicten a incapacidade para as clases populares avanzar, neste momento histórico, por medio de políticas reformistas (socialdemócratas)".

Cada un destes movementos ten características propias, como consecuencia das particularidades de cada país, así como do xeito de proceder dos partidos e organizacións no eido institucional e súa capacidade mobilizadora. Por esta razón uns son  conxunturais e outros se consolidan. Mais en ningunha circunstancia se poden ignorar, porque reflicten o estado de animo dunha franxa da poboación; máxime cando se trata da mocidade e evidencian os erros e eivas das forzas antisistemicas. No Brasil, polo dagora son un toque de atención que poden axudar a rearmar a esquerda, tanto aquela que caeu no derrotismo, en facer boa a explotación e opresión, como a que ten métodos de traballo e un discurso propio do infantilismo de esquerda, e enceta a casa polo tellado. 

Estas mobilizacións poden rematar ao final en estoupidos sociais desorganizados, derrotados ou que se contentan con obxectivos mínimos, ou servir para un avance na conciencia colectiva, na organización, e ser xermes de novos ou renovados suxeitos transformadores. A esta altura todo indica que o Goberno de Dilma optou por recoñecer erros (cantos?), asumindo que ten que aumentar os investimentos en saúde e ensino utilizando a renda petroleira. É un paso, amosa que aínda hai sensibilidade social. Mais, a pregunta de moitos será ¿por que non o fixo antes? por que o pobo tivo que saír á rúa a protestar e ser reprimido pola policía para que se lle escoite?... Ademais, con medidas económicas, por máis positivas que sexan, non se soluciona o afastamento entre as clases populares e as institucións e forzas organizadas. O importante é se todo se pretende solucionar con algúns movementos tácticos, ou se se realizan modificacións estratéxicas, como parece suxerir o gobernador do Río Grande do Sul, Tarso Genro.

"O importante é se todo se pretende solucionar con algúns movementos tácticos, ou se se realizan modificacións estratéxicas, como parece suxerir o gobernador do Río Grande do Sul, Tarso Genro".

Do que non hai dúbidas é de que estas mobilizacións deixaran feridas, marcan un antes e un despois, e poden ser unha oportunidade para a esquerda brasileira para recuperar o apoio popular. Tamén é unha unha experiencia práctica da que os galegos e galegas temos que tirar ensinanzas, evitando repetir os mesmos erros (aínda que o bipartito xa deixou as súas leccións). En poucas palabras, se no Brasil, unha potencia emerxente, coa súa forte burguesía paulista, non se avanza o necesario na transformación da situación social pola vía do reformismo ¿u-la posibilidade de éxito na realidade política e socio-económica de Galiza?

Nota: encol do reformismo teño escrito outros artigos neste mesmo xornal dixital:

A vía morta do reformismo (26-12-2012)
A construción da conciencia reforma ou ruptura (4-12-2012)

E en relación aos movementos espontáneos:


Non abonda só coa mobilización (11-06-2012)

http://manuelmera.blogaliza.org/