Opinión

Feijóo tamén ten de contestar perguntas

Isto non só vai con Rajoy. Isto atinxe tamén o Partido Popular de Galiza e, consecuentemente, o seu presidente, que se dá a circunstancia de que tamén o é da Xunta. Non vale con deitar dúbidas sobre o pasado (sobre os "anteriores", en expresión utilizada por Feijóo na conferencia de imprensa da pasada quinta feira, en indubitábel alusión a Fraga).

Isto non só vai con Rajoy. Isto atinxe tamén o Partido Popular de Galiza e, consecuentemente, o seu presidente, que se dá a circunstancia de que tamén o é da Xunta.

Non vale con deitar dúbidas sobre o pasado (sobre os "anteriores", en expresión utilizada por Feijóo na conferencia de imprensa da pasada quinta feira, en indubitábel alusión a Fraga). Feijóo ten de abrir de imediato unha investigación interna no seo do Partido Popular de Galiza e depurar as responsabilidades políticas ás que houber lugar.

Alén do máis, Feijóo debe abrir realmente as conferencias de imprensa en San Caetano e non seleccionar os meios que poden perguntar ou non.

Feijóo tamén ten de contestar perguntas.

Por exemplo: xa que non pon a man no lume por Fraga, pona a día de hoxe por Rajoy?

Comentarios