Opinión

Sermos mulleres, sermos persoas, decidirmos por nós propias

Fronte aos que porfiaban en que o fin da educación feminina tiña por obxecto principalísimo formar boas nais; Emilia Pardo Bazán respondía, na memoria lida no Congreso Pedagóxico celebrado en outubro de 1892, que a educación non precisaba fomentar o sentimento maternal, pois nel xa obra a natureza por si soa, senón que aquela debía encamiñarse ao perfeccionamento da muller para si.

Fronte aos que porfiaban en que o fin da educación feminina tiña por obxecto principalísimo formar boas nais; Emilia Pardo Bazán respondía, na memoria lida no Congreso Pedagóxico celebrado en outubro de 1892, que a educación non precisaba fomentar o sentimento maternal, pois nel xa obra a natureza por si soa, senón que aquela debía encamiñarse ao perfeccionamento da muller para si.

Especial interese, e vixencia plena, ten aínda a reflexión que no seu día amosou Emilia Pardo Bazán sobre a cuestión da maternidade.

“Todas as mulleres- argumentaba a nosa autora- conciben ideas, mais non todas conciben fill@s”. Por este motivo, a educación intelectual das mulleres non debe limitarse, única e exclusivamente, á transmisión da cultura para as fillas e os fillos.

A instrucción e cultura racional da muller había de desligarse completamente do concepto de destino relativo, subordinado ao alleo. A cultura debían adquirila as mulleres en primeiro termo para si, para o desenvolvemento da súa razón e natural exercicio do seuentendemento, e, en segundo termo, para os demais; porque o ser racional necesita exercitar as facultades intelectivas; e- argumentaba Bazán- todo o que sexa invertir os termos antepoñendo o secundario, é funesto e degradante para calquera ser humano.

Todas as mulleres conciben ideas, mais non todas deciden ter fill@s. Este pensamento resúmeo magníficamente Pardo Bazán coa seguinte expresión:

“O ser humano non é unha árbore froiteira, que só se cultive pola colleita”.

Antepoñer unha función temporal, secundaria e opcional - como é a decisión de ser nai- como único e providencial destino da muller, é – segundo Bazán-funesto e degradante para todas as mulleres.

As mulleres deberán recibir unha cultura completa e racional, so pena de declarar preferíbel o estado de barbarie primitiva a un estado de cultura e civilización. Neste sentido a postura de Rousseau- argumenta Bazán - é a dun retrógrado, máis ou menos disfrazado de “moderno”.

Se o xénero humano non camiña á maior suma de cultura- retruca Bazán- retrocederá e caerá na animalidade. E por iso a educación debe propender a rachar a cadea da rutina, facendo aos fillos é ás fillas mellores do que o foron os pais.

Non se trata de traer, sen máis, fillas e fillos ao mundo, senón de tomar, como mulleres e persoas, entre outras moitas, a decisión de telos ou de non os ter, de sermos nais biolóxicas ou mesmo de decidirmos non o ser…mesmo de refundar unhas maternidades e paternidades corresponsábeis,etc…

A opción polamaternidade non debe ser obxectodunha imposición externa, senón dunha decisión libre ou dunha libre non-decisión, en función dos propios proxectos humanos, persoais e apenas transferíbeis.

Invocar en materias pedagóxicas a tradición ou cimentar nela un método educativo para media humanidade, contraditorio coa outrametade da humanidade, é – advertía xaentón Bazán- o maior dos absurdos.

O sistema educativo dunha nación civilizada insistirá en igualar os dereitos de ambos sexos baixo o concepto común de humanidade.

Pardo Bazán considerou que isto non era un feble ideal, unha quimera; en naciónsmoi cultas xacomezaba a realizarse. Mais constataba tamén no seurelatorio que daquela – 1892- os partidarios da xustiza de xénero estaban en minoría.

Abofé que as palabras de Emilia Pardo Bazán seguen a nos interpelar na actualidade.

Cantos retródagos, naplenitude dos seus valores anti- democráticos, nos están a coartar de novo as liberdades de labrármonos as mulleres os nosos propios destinos?

Que é o que nos está a acontecer na vida ás mulleres 120 anos despois…?

MARÍA XOSÉ C. TRILLO. AGOSTO, 2012

Comentarios