Opinión

A resaca do petroleiro

A sentenza do caso “Prestige” abriu unha fonda ferida na sensibilidade da cidadanía galega.. O único proceso aberto no noso País por mór desta catástrofe ecolóxica fica-e ficará, pois que as posibilidades de recurso son mínimas- sen culpábeis penais.

A sentenza do caso “Prestige” abriu unha fonda ferida na sensibilidade da cidadanía galega.. O único proceso aberto no noso País por mór desta catástrofe ecolóxica fica-e ficará, pois que as posibilidades de recurso son mínimas- sen culpábeis penais.

Mais compre afastar nosa ese sentimento lexítimo de raiba e tentar comprender o que pasou. Nas pescudas xudiciais previas, o xuiz instrutor e a Audiencia coruñesa sinalaron unhas liñas vermellas que o propio relator da sentenza  ven de denunciar. Porque aló non estaban acusados nin os armadores, nin os inspectores marítimos cualificadores nin os políticos. Só o capitán, o xefe de máquinas  e o director xeral da Mariña Mercante do Goberno do Estado. No alborexar do proceso xudicial a nosa raiba centrábase nos Gobernos que mentían e a raiba deses  Gobernos mentiráns no Mangouras. Das resultas deste xogo político veu este  grande baleiro de imputacións.

"A absolución penal de López-Sors ten a grande dúbida da probabilidade da existencia dunha alternativa para acoller o barco a un porto próximo".

O Dereito Penal non da solucións absolutas nin “xuizos finais”. E menos un Dereito Penal cativo, como do Estado español, orfo de ferramentas operativas, daquela, contra os delictos ecolóxicos. E bó coñecedor de como condenar excluídos e absolver dirixentes.
     
Ben é verdade que a absolución penal de López-Sors ten a grande dúbida da probabilidade da existencia dunha alternativa para acoller o barco a un porto próximo. Mais a solución xudicial non pode alcumarse de ilegal, polo menos  univocamente. Porén, é moito máis discutíbel  a condena de Mangouras por desobediencia, que semella só xustificar a súa prisión preventiva.

Compre tirar dúas conclusións deste xuizo. A  pragmática: se non hai inmediatas demandas civís con solicitude de embargo cautelar, os prexudicados non cobrarán nin os 22,5M€ consignados pola aseguradora. E máis a  cívica: as responsabilidades políticas non poden confundirse-sempre e en todo lugar- coas responsabilidades penais.
 
                    Nun futuro proceso civil determinaranse as responsabilidades económicas e debullaranse as profesionais e políticas.  A sentenza civil, de seguro, tería grande  potencialidade reparadora.                 

Comentarios