BNG

Unha agresión sionista a Galicia

Ana Pontón na presentación da candidatura do BNG para Porriño.
POLÍTICA

Pontón asegura que o BNG vai ter un resultado histórico nas eleccións do 28M afianzándose como a alternativa real ao PP

A líder do Bloque participa na presentación dos candidatos do Porriño, Pedro Pereira, e de Mondariz, Xosé Emilio Torres, dentro da precampaña.

O tenente de alcalde sade Lugo e portavoz do BNG na cidade, Rubén Arroxo (Foto: Xan Carballa).
POLÍTICA

Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo e candidato do BNG: "Unha cidade non pode vivir e medrar illada do mundo"

Tenente de alcalde na capital luguesa logo dun acordo político do BNG co PSdeG-PSOE, Rubén Arroxo (Lugo, 1985) fai balance deste tempo de catro anos de goberno e explica os desafíos que ten a cidade coa muralla antiga completa máis grande do planeta e, en 2023, coas peores comunicacións por tren e autobús da Galiza, tendo máis de 100.000 habitantes.
ana miranda bng
POLÍTICA

Miranda presenta iniciativas após o veto en Israel e pide unha reunión "urxente" á presidenta da Eurocámara

A eurodeputada do BNG apunta que estes feitos "son un precedente que non se pode repetir" e agradece o apoio recibido

 

Ana Pontón e Tono Chouciño (no centro) esta quinta feira na presentación (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG de Culleredo presenta Tono Chouciño como o seu candidato á Alcaldía

No acto de presentación estivo presente a portavoz nacional da organización nacionalista, Ana Pontón que destacou de Chouciño a súa “tenacidade na defensa dos intereses da veciñanza dun concello que coñece como a palma da man”.

O presidente do Executivo do Estado español, Pedro Sánchez, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, durante o pleno do Congreso (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
star
TRABALLO

O Congreso rexeita a indemnización de 45 días nos despedimentos improcedentes

A Cámara Baixa estatal rexeitou a recuperación da indemnización de 45 días por ano traballado por un máximo de 42 mensualidades en caso de despedimento improcedente nunha votación na que os partidos do Executivo mostraron unha fractura ao diferir no voto. O PSOE e o PP votaron en contra da medida apoiada por Unidas Podemos, BNG e ERC.
BNG Día de Rosalía
POLÍTICA

O BNG presenta un proxecto para que Santiago de Compostela sexa “cidade de Rosalía de Castro”

Entre outras iniciativas, propón facer do 23-F o Día Nacional de Rosalía, a creación do Instituto Galego Rosalía de Castro para a internacionalización da lingua e cultura galega e, "xa que Rosalía é un símbolo de Galiza, facer que o sexa tamén da súa capital".
As listas de espera no sistema sanitario galego non deixan de incrementarse desde 2018 (Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG denuncia a "expulsión" de doentes das listas de espera estruturais

Comesaña reta os nacionalistas a ir aos tribunais.
Afonso Rueda, Ana Pontón e Luís Álvarez volveron debater no pleno a respecto da situación da sanidade. (Foto: Nós Diario)
Sesión de control

Pontón cifra en 2.300 millóns os recortes en Primaria e Rueda acúsaa de "politizar"

A situación da sanidade na Galiza xa marcaba unha parte significativa das sesións de control ao presidente no Parlamento antes do 12 de febreiro, data da multitudinaria manifestación en Compostela contra a política sanitaria da Xunta, e marca claramente as que decorreron até agora. Tamén esta cuarta feira, cando Alfonso Rueda elevou o ton e acusou o BNG e o PSdeG de buscar "afundir o barco da sanidade pública" e o Goberno español de ter unha "estratexia de desgaste" cara ao seu Executivo.
Antonio Leira, o presidente da Deputación, Valentín Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira e Bernardo Fernández (Foto: Europa Press).
star
POLÍTICA

As enquisas das municipais voltan a situar á fronte da Deputación da Coruña o PSdeG e o BNG

A campaña electoral dos comicios locais de 28 de maio está lanzada. Así o evidencia a axenda das diversas formacións políticas e dos seus principais dirixentes. A batalla polo Goberno das Deputacións aparece como un aspecto chave.
José Pazos Couñago, deputado do PP. (Foto: Parlamento da Galiza)
POLÍTICA

O Partido Popular cualifica de "bulos" as críticas polas deficiencias na Sanidade

A oposición urxe o Executivo galego a "rescatar" a Atención Primaria.
Ana Miranda ao seu regreso no aeroporto de Peinador (Vigo). (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A Eurocámara investigará a deportación de Ana Miranda

A Eurodeputada do BNG foi retida durante seis horas en Tel Aviv.
Granxa ecolóxica en Xanceda. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
POLÍTICA

A oposición reprende Medio Rural polo "mal reparto" das axudas

O grupo socialista reclama dimisións no Goberno.
Xabier Pérez Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG de Vigo pedirá que o Concello rexeite dous parques de eólica mariña perto das Cíes

Nunha rolda de prensa, o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, explicou que eses dous parques, con 34 aeroxeradores cada un, terán un "evidente impacto".
pg
POLÍTICA

O PP veta que a Cámara investigue 1.600 millóns "perdoados" pola Xunta ás eólicas

O BNG acusa o Partido Popular de "querer ocultar un escándalo".
Varios camións cruzan a estrada anexa ao tramo do viaduto colapsado na A-6. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

PSOE, PP e Vox únense no Congreso para evitar investigar o derrube do viaduto da A-6

"Deixa entrever que os anteriores gobernos do Estado, de PSOE e PP, teñen algo que agochar", denuncia Rego.
Ana Miranda, do grupo parlamentario dos Verdes / Alianza Libre Europea. (Foto: OV/ALE)
INTERNACIONAL

A Eurocámara pedirá explicacións a Israel tras expulsar a Miranda

A presidenta do Parlamento, Roberta Metsola, reunirase cos líderes dos diferentes grupos parlamentarios para abordar o caso e estudar posíbeis medidas para "evitar que volva suceder".
A eurodeputada Ana Miranda, mentres ficou retida no aeroporto de Tel Aviv, en Israel. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Ana Miranda: "Trataron de intimidarme e acalarme, é o prezo a pagar por denunciar o 'apartheid' de Israel"

A eurodeputada do BNG ficou retida polas autoridades israelíes durante sete horas no aeroporto de Tel Aviv. Non a deixaron pasar malia viaxar na condición de diplomática europea e contar cun permiso expreso do Ministerio de Exteriores de Israel. "Foi o ministro do Interior quen tomou a decisión a última hora", sinala a 'Nós Diario' nada máis aterrar de volta en Madrid.
Parque eólico na serra do Candán, nas comarcas do Deza e Terra de Montes. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

O Parlamento decide hoxe se crea unha comisión de investigación sobre a eólica

Francisco Conde comparece na Cámara sobre a tramitación dos parques.
Ana Miranda, na madrugada desta terza feira, no aeroporto de Tel Aviv. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

A eurodeputada Ana Miranda, retida e deportada de novo por Israel: "Seguirei defendendo Palestina, non teño medo"

As autoridades israelíes volveron impedir esta madrugada a entrada de Miranda en Tel Aviv para pór rumbo a Palestina nunha misión diplomática do Parlamento Europeo: "Con total impunidade, expúlsanme por defender os dereitos do pobo palestino, quero denuncialo publicamente", sinala.