Covid-19

Probas do coronavirus en Portugal. (Foto: Pedro Fiuza / Zuma Press)
SOCIAL

Concellos e Cámaras da 'raia' instan a Xunta a non impedir a mobilidade transfronteiriza

Mentres o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho demanda que se levante o fechamento perimetral para os núcleos con intereses comúns, o Goberno galego xa pediu ao Executivo do Estado español que “garanta” o control na fronteira para evitar que a reapertura de Portugal provoque saídas e entradas inxustificadas na Galiza.

Reunión con representantes do sector do ocio nocturno. (Foto: Xunta da Galiza)
ECONOMÍA

Rueda adía a posíbel apertura do ocio nocturno até "finais de xuño"

O vicepresidente primeiro da Xunta mantivo un encontro de traballo con representantes deste sector. Na reunión -na que tamén participou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña- púxose sobre a mesa unha proposta de mínimos para facer a proba piloto que avalíe se é viábel a reapertura destes estabelecementos na Galiza.
Cadeiras sen uso nun local de hostalaría. (Foto: Beatriz Císcar / Europa Press)
SOCIAL

Feixoo exixe solucións para evitar a "xudicialización da pandemia" cando remate o estado de alarma

Galiza é un dos territorios que demanda ao Executivo do Estado español a ampliación da medida excepcional ou algunha outra fórmula que permita controlar os toques de recoller, os fechamentos perimetrais e outras limitacións que, a priori, non terían cabida sen a alerta.

domus vi chantada
Após 14 días sen casos

Surto unha residencia de Chantada con seis usuarios asintomáticos

A situación que se deu no xeriátrico de DomusVi en Chantada rompe a vaga de 14 días sen casos de Covid-19 nas residencias.
Un sanitario realiza un test PCR a un cidadán (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Os novos contaxios da Covid-19 sitúanse por riba dos 200 en 24 horas

As e os pacientes hospitalizados na Galiza debido á Covid-19 aumentaron a 214, o que supón tres máis, mentres que os novos contaxios mantéñense por segunda xornada seguida por encima dos 200, con 211. Por contra, tras tres días de ascenso continuo, os casos activos baixaron lixeiramente aos 3.113.

Imaxe da sede da empresa. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
ECONOMÍA

PharmaMar acada a autorización para o seu último ensaio do fármaco contra a Covid-19

O remedio para o coronavirus creado no Estado español someterase á proba en 600 doentes. A nova disparou o valor das accións da farmacéutica de orixe galego na Bolsa.

Un home sobre unhas bombonas de osíxeno na India. (Foto: Prabhat Kumar Verma / ZUMA Wire / DPA)
INTERNACIONAL

A OMS pide aos estados europeos que axuden "con todo o que poidan" a India ante a vaga da Covid-19

O Ministerio de Sanidade daquel país falou de 380.000 contaxios activos e preto de 3.700 mortes nas últimas 24 horas. Á marxe desta cuestión, o representante da OMS tamén invita á cidadanía europea a non confiarse.
A deputada nacionalista Olalla Rodil. (Foto: BNG)
SOCIAL

A Xunta négase a facer públicos os datos reais de falecementos por Covid-19 nas residencias

As informacións que foi fornecendo o Executivo galego ao longo da pandemia tiveron momentos confusos nos que foi difícil seguir a realidade nestes centros. O BNG quere saber a “verdadeira razón” da negativa.

INTERNACIONAL

A Eurocámara pide PCR gratuítas para turistas e que o certificado Covid exima de corentena

Bruxelas ve "realista e factíbel" que estea a punto en xuño

Varias persoas pasean por unha rúa de Baiona. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

En Noia a variante europea e en Baiona a cepa británica: O CSIC identifica a variante da Covid que circula por zonas

Nunha investigación secuencia o virus do Covid nas augas residuais galegas e
(Foto: Autoridade Portuaria de Vigo)
SOCIAL

O Sergas estuda se 5 mariñeiros positivos en Covid que chegaron por barco a Vigo presentan a variante India

O barco no que chegaron a Vigo,  'Prometheus Leader', procedía de Reino Unido, concretamente do porto de Southampton.
Un home pasa diante dunha terraza recollida en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Os casos activos seguen en aumento por terceira xornada consecutiva, até os 3.122

Os novos  contaxios incrementan en 230 e os pacientes Covid ingresados soben a 211.

Sen titulo
SOCIAL

Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 29 de abril no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos

Un home dunha zona indíxena do Brasil coa máscara. (Foto: Lucas Silva / dpa)
INTERNACIONAL

Un estudo conclúe que a variante brasileira da Covid é "máis transmisíbel"

O investigador principal do proxecto insta a aumentar a vixilancia das infeccións após os resultados deste informe, no que se detectaron até 17 mutacións xenéticas na cepa do coronavirus con respecto a outras coñecidas.
Punto de vacinación contra a Covid-19 na Cidade da Cultura, en Compostela. (Foto: Arxina).
star
SOCIAL

As vacinas cumpren as mellores promesas

Tras catro meses de vacinación fronte á Covid-19, Galiza suma perto de 273.000 persoas inmunizadas coa pauta completa. Sanidade vén de superar o millón de doses administradas cando máis evidencias hai da efectividade das vacinas na vida real.
Vigo seguirá no nivel medio (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Sanidade bota o freo á desescalada ante o "lixeiro incremento" de casos

As persoas expertas farán un "especial seguimento" da área de Vigo e da propia cidade, que preocupa polo "crecemento constante" de casos da Covid-19. Aliás, advirten do incremento de contaxios secuenciados das cepas brasileira e surafricana mentres se consolida a británica, cunha incidencia de 93% no país.

Racional escepticismo

Un home é vacinado coa Pfizer nun centro hospitalario madrileño. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
SOCIAL

BioNTech alerta de que será precisa unha terceira dose da vacina de Pfizer para a inmunidade

O cofundador da compañía BioNTech, aliada de Pfizer para a creación dunha das vacinas contra a Covid-19 que xa leva semanas no mercado, vén de advertir que as persoas que foran inoculadas con este fármaco terán que reforzalo aos nove meses.

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, xunto a José Flores, xerente do Sergas, e Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, nunha fotografía de arquivo [Imaxe: Xunta da Galiza].
SOCIAL

Amplíase de 2 a 7 días o período para considerar unha persoa 'contacto' dun caso positivo

Incluirá no rastrexo as persoas participantes en reunións con afluencia aínda que levasen posta a máscara.

Un sanitario realiza un test PCR a un cidadán (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Repunta de novos contaxios, aumento de casos activos e alivio da presión hospitalaria

A taxa de positividade ascende a un 2,8% mais segue por baixo do limiar de 5% fixado pola OMS.