SOCIAL
O alivio da presión hospitalaria reforza o descenso da Covid na Galiza
10/set./21
A situación epidemiolóxica mellora tras unha nova caída dos casos activos, os contaxios e os doentes ingresados con coronavirus.
A taxa de positividade mantense perto do 5% e Os novos contaxios roldan os 300 casos e a presión hospitalaria estabilízase cun novo paciente ingresado en UCI.
Santiago e Lugo aglutinan a maior parte dos novos positivos notificados polo Sergas. En total, 559, 147 menos que os rexistrados hai unha semana. A incidencia no conxunto do territorio descende.