star
TRABALLO
As confrarías analizan os riscos da eólica mariña para impugnar os POEM no Supremo
08/mar./23
A Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños anunciou esta cuarta feira o comezo da redacción dos estudos xurídicos e biolóxicos que servirán como base para unha futura impugnación dos Plans de ordenación do espazo mariño (POEM) aprobados polo Goberno español. A frota solicita a prohibición de calquera normativa que impida a pesca nos caladoiros.