A Coruña

Gutiérrez, Borrego, Cadaval, Pérez e Couto, na rolda de prensa. (Foto: Galiza Cultura)
CULTURA

Galiza Cultura agasalla Manuel Lourenzo

A gala de homenaxe ao dramaturgo decorrerá o domingo na Coruña.
Traballadoras e traballadores do centro Concepción Arenal e CIEMA concentrados na Coruña (Nós Diario).
SOCIAL

Fundación Camiña Social: soldos conxelados con 5,5 millóns de euros de remanente

Persoal dos centros Concepción Arenal e de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA), xestionados pola Fundación Camiña Social, manifestáronse esta quinta feira en protesta polo “inmobilismo” desta organización após descubrir que nas súas contas tiñan “grandes cantidades de diñeiro”.

Manuel Colmeiro. 'Bodegón', 1961-65. (Foto: Fundación Luís Seoane)
CULTURA

Colmeiro visto a través do prisma da cor

A exposición Colmeiro. Cor e sentimento inaugúrase na Fundación Luís Seoane.
O presidente da Academia do Audiovisual e a alcaldesa da Coruña. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A Coruña aspira a ser epicentro do audiovisual galego

Xa no mes de marzo está previsto que decorra a gala dos Premios Mestre Mateo, que cambia cara un formato máis habitual en premios como os Feroz ou os Globos de Ouro.
Unha das ilustracións que poderá verse na exposición. (Foto: Coruña Gráfica) #bandeira #ilustracións #exposición
MEMORIA E HISTORIA

Unha mostra sobre a bandeira percorre a Galiza

A iniciativa é unha forma de lembrar o centenario da primeira vez que o símbolo da patria ondeou nun edificio institucional. Foi no Consistorio da Coruña en xullo de 1921.
Xeradores eólicos no parque Adolfo Suárez da Coruña (Foto: Xoán Roberes).
ECONOMÍA

A Coruña buscará no vento e nos residuos a enerxía para a eléctrica municipal

A Coruña acordou a comezos de mes dar os primeiros pasos para a creación dunha compañía eléctrica municipal, cuxa estrutura e funcionamento está aínda por decidir. Con todo, o Concello ten parte do traballo avanzado, pois conta con instalacións de titularidade pública que xa obteñen a súa enerxía a partir de fontes renovábeis.
Riazor foi unha festa no partido de ida da eliminatoria contra uns visitantes que caeron goleados por un contundente 5-1.   (Foto: RC Deportivo).
DEPORTES

O Dépor quere armar o Belén en Israel

Coa tranquilidade que outorga saber que conta co cómodo colchón do 5-1 do encontro de ida, pero coa lóxica desconfianza que sempre implica xogar o partido de volta dunha eliminatoria fóra da casa, os rapaces do Deportivo queren seguir facendo historia na competición análoga á Liga de Campións na súa categoría.
 

Esquecemento histórico do PSOE da Coruña

Entrada á factoría de Alu Ibérica na Coruña (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Alu Ibérica pasou en dous anos das mans de Alcoa ao concurso de acredores

O comité de empresas de Alu Ibérica culpa a Xunta e o Estado español da situación e anuncia novas mobilizacións.
Escudo do Reino da Galiza cara ao ano 1500, cos trevos que
precederon a introdución das cruces. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Coruña, nova parada na presentación de “O Escudo do Reino de Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional”

Esta sexta feira, día 26, ás 19 horas na sede da AC Alexandre Bóveda e coa participación do autor da publicación, Héitor Picallo e de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A, editora da obra.

 

Traballadores de Alu Ibérica nunha concentración para pedir actuar sobre a factoría. (Foto: Comité de Empresa).
ECONOMÍA

Alú Ibérica, en concurso de acredores

A Audiencia Nacional xustifica a medida polo "insostíbel" da situación das plantas.
peña
CULTURA

Peña, gañadores da quinta edición do Concurso Narf de grupos musicais

A Coruña acolleu na noite do domingo a final do Concurso Fran Pérez "Narf" de grupos musicais, que gañou Peña
Avión de Volotea que aterrou de emerxencia na Coruña por unha falsa alarma de bomba falso (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

O falso aviso de bomba nun voo que aterrou na Coruña será investigado para dar coa autoría

A ameaza simulada será investigada palas autoridades que vén un delito de desordes públicas. As primeiras indagacións relacionan o falso aviso de bomba co intento de prexudicar un preso de permiso, alleo ao suceso, confirman, que viaxaba na aeronave.
Bandeira LGTBi
SOCIAL

“Rebentáronlle a cara”: Denuncian na Coruña unha nova agresión homófoba

O caso está sendo investigado pola Policía. A vítima, un brasileiro residente na cidade coruñesa.

Debuxo promocional da xornada sobre literatura dramática da AELG. (Foto: AELG)
CULTURA

O teatro galego e portugués chega á Coruña

O sábado decorrerá o cuarto Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza+Portugal na Coruña. A actividade está promovida pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG).
Unha actividade do Festigual decorrida esta fin de semana. (Foto: Festigual)
CULTURA

A formación especializada e a arte mandan no Festigual

Haberá unha mostra de fotografía en varias rúas da cidade da Coruña. Aliás, está prevista unha representación no Teatro Colón e unha xornada sobre arte e saúde na Fundación Luís Seoane.
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

“Normalizouse que haxa pacientes amoreados nos corredores”

A Comisión de Centro de Atención Hospitalaria denuncia o “colapso” do servizo de Urxencias do CHUAC

Deseño de capas de libros: á esquerda de 1925, á dereita de 1924.
O uso da cor con xenerosidade, as tintas planas, o debuxo marcado e
as orlas baseadas na decoración dos estampados nos panos populares
expresan o entusiasmo co que Abelenda afronta esta época dos anos vinte.
star
Deseño

Abelenda na marxe

Nas marxes hai moita vida, hai avances que no centro son imposíbeis, compromisos de máis, moita presión, no centro a cousa é seria, hai solemnidade. Na marxe improvísase, pode un fartarse de rir, hai humor e fantasía, hai liberdade, pódese arriscar e se falla tanto ten, total: é unha arte menor. Daquela, nos anos vinte e trinta, era así.
MEMORIA E HISTORIA

Deben ser retiradas as honras e distincións a franquistas?

Desde hai ano e medio, o Goberno municipal da Coruña ten no seu poder un informe encargado ao Instituto Cornide que aconsella retirar as honras e distincións a Alfonso Molina e Pedro Barrié de la Maza, entre outros. Neste período de tempo, non houbo actuación municipal ningunha ao respecto. Opina ao respecto.

Alfonso Molina, Pedro Barrié de la Maza e Francisco Franco (Imaxe: Galicia Única)
MEMORIA E HISTORIA

O Concello da Coruña ten desde hai ano e medio un informe que aconsella retirar as honras a Barrié de la Maza e a Alfonso Molina

Desde hai ano e medio, o Goberno municipal da Coruña ten no seu poder un informe encargado ao Instituto Cornide que aconsella retirar as honras e distincións a Alfonso Molina e Pedro Barrié de la Maza, entre outros. Neste período de tempo, non houbo actuación municipal ningunha ao respecto.