Alfonso Rueda

Encontro entre Alfonso Rueda e Valentín González Formoso. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Formoso lamenta o "desacordo importante" con Rueda en temas "esenciais" como a sanidade

Segundo indicou o secretario xeral dos socialistas galegos, tratouse dun encontro "cordial" pero "non todo o produtivo" que o PSdeG pretendía.
Ana Pontón (BNG), Alfonso Rueda (PP; presidente da Xunta) e Valentín González Formoso (PSdeG). (Fotos: Europa Press)
POLÍTICA

BNG e PSdeG insisten na súa "vontade de acordo" con Rueda

O PP cre que a oposición está "afastada da realidade" e presenta "propostas irrealizábeis".
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha rolda de prensa na sede da formación en Santiago.
POLÍTICA

Formoso proporá a Rueda acordos sobre o modelo económico, sanitario e de protección sociosanitaria

O presidente da Xunta reunirase esta segunda feira coa oposición co ánimo de "falar de todo", escoitar as súas propostas e buscar o seu apoio para propoñer demandas ao Goberno estatal.
O presidente galego, Alfonso Rueda, esta quinta feira, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. (Foto: Xunta)
POLÍTICA

O financiamento centrará a reunión de Rueda coa oposición

O financiamento centrará a primeira reunión que o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, manterá coa líder do BNG, Ana Pontón, e co do PSdeG, Valentín González Formoso. A xuntanza, solicitada pola oposición, será, segundo desvelou esta quinta feira Rueda, na tarde da segunda feira.
Bombeiros sufocando un incendio. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
POLÍTICA

A Xunta aproba un Pladiga que nace inzado de críticas pola "falta de medios humanos"

Aliás, o Pladiga marca como obxectivo que ardan "menos de 16.000 hectáreas", unha cifra que case multiplica por catro a superficie queimada en 2021.
O CEO de Altri José Soares, con Alberto Núñez Feixoo e Miguel Corgos. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Será Altri o Pemex de Rueda?

As iniciativas en materia industrial máis ambiciosas do Goberno de Feixoo foron o desembarco de Pemex no capital do estaleiro de Barreras e o impulso a unha fábrica de viscosa promovida por Altri. A primeira delas rematou nun gran fracaso e a segunda está no aire á espera das axudas públicas dos 'Next Generation'.

Ana Pontón (BNG), Alfonso Rueda (PP; presidente da Xunta) e Valentín González Formoso (PSdeG). (Fotos: Europa Press)
POLÍTICA

Pontón e Formoso preparan o primeiro encontro con Rueda

Ana Pontón e Valentín González Formoso debullan as súas axendas de cara á primeira xuntanza que manterán co actual presidente da Xunta da Galiza.
Alfonso Rueda asina o decreto para designar o novo Executivo. (Foto: David Cabezón)
POLÍTICA

Rueda convoca a oposición para o 6 de xuño e repróchalle que dixese estes días "cousas grosas"

Nunha carta remitida a Pontón (BNG) e a Formoso (PSdeG) propón "pór en común" a súa visión sobre "a situación actual e futura da Galiza". Tanto a portavoz nacionalista como o secretario xeral socialista demandaran ao novo presidente manter reunións.

A directora de Turismo da Galiza, Nava Castro. (Foto: Xunta)
LINGUA

'Vexo Veo Xacobeo', o videoxogo de Turismo que mestura galego e español

A campaña, que mistura de galego e español no título, diríxese a centros de ensino dos concellos polos que pasa o Camiño.

Quo vadis, Sr. Rueda?

17-05-2022 Queremos Galego-76
LINGUA

O galego é a única lingua do Estado español que perde falantes

Alfonso Rueda Valenzuela estreouse como presidente da Xunta da Galiza nunha sesión de control no Parlamento defendendo o discurso da imposición lingüística de FAES para xustificar a súa presenza na manifestación de Galiza Bilingüe en febreiro de 2009 e manifestando a súa disposición a reunirse cos lideres da forzas da oposición.
Ana Pontón mostra Alfonso Rueda nunha manifestación de Galicia Bilingüe en 2009. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Rueda reivindica o "bilingüismo cordial" e Pontón lémbralle a súa asistencia a unha protesta contra o galego

A portavoz nacional do BNG salienta que o galego é o único idioma de todo o Estado que perde falantes, mentres o presidente gábase de que se utilicen "con total liberdade e cordialidade" ambas as linguas.
A placa conmemorativa da inauguración da Cidade da Xustiza mestura galego e castelán. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
LINGUA

O galego non é lingua para reis: a Cidade da Xustiza, inaugurada cunha placa en castelán

A lei de normalización lingüística recolle, precisamente, que a Xunta da Galiza debe promover "a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza".
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Formoso insta a Rueda a sumarse ao "pacto enerxético" do PSdeG

Formoso participou na mañá desta terza feira na inauguración dun centro de coworking centrado en enerxías renovábeis e hidróxeno verde, situado no concello das Pontes.
Alfonso Rueda, este domingo, no conclave do PP galego. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
POLÍTICA

Alfonso Rueda volve defender o rei emérito: "Non ten causas xudiciais pendentes"

A curta estadía de Juan Carlos I na Galiza desatou as críticas do BNG, que a cualificou de "bochorno democrático", e do propio Goberno estatal, que afirma que o monarca "perdeu a oportunidade de pedir desculpas".
O voceiro socialista na Cámara, Luís Álvarez, esta segunda feira, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PSdeG insta Rueda a "exercer xa" de presidente e actuar "sen tutelas nin tutías"

Luís Álvarez di que as denuncias de familiares sobre a residencia 'Mi Casa' de Pazos de Borbén "poñen en evidencia a perversión do sistema que ten montado o PP".
A líder da oposición no Parlamento galego, esta segunda feira, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón traslada por carta a Alfonso Rueda as "prioridades" ante a crise de prezos

Entre outras medidas, o BNG avoga por aprobar un paquete de 700 millóns de euros en medidas para "aliviar" a complicada situación de miles de galegas e galegos.
O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, no Comité Nacional Galego da formación. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Formoso pon "toda a súa enerxía" nas municipais para "volver presidir a Xunta"

O líder dos socialistas galegos pediulle a Alfonso Rueda que se "poña a traballar dunha vez".
De esquerda a dereita: Paula Prado, Alfonso Rueda e Rafael Domínguez este sábado na apertura do congreso do PP (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
POLÍTICA

Rueda fecha unha cúpula case idéntica á de Feixoo

O dirixente pontevedrés toma as rendas do Partido Popular na Galiza co apoio de 97,2% dos compromisarios.
De esquerda a dereita: Rafael Domínguez, Alfonso Rueda e Paula Prado este sábado no inicio do Congreso do PP galego. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
POLÍTICA

Dá comezo o Congreso do PP que escollerá Rueda como presidente do partido na Galiza

O 18º Congreso do PP galego, de carácter extraordinario, decorrerá esta fin de semana en Pontevedra.