banda deseñada

Algúns libros ilustrados galegos dos últimos anos.
star
Día da Ilustración

A ilustración galega enfronta un futuro en precario

Tal día coma hoxe de 1886 nacía en Rianxo o escritor e debuxante Afonso Daniel Rodríguez Castelao, recoñecido por reivindicar o dereito a existir da Galiza e o poder das xentes para cambiar a historia. Coincidindo coa súa data de nacemento, celebramos o Día da Ilustración, e aproveitamos a ocasión para conversar con algunhas ilustradoras actuais que dan conta do futuro desta profesión no país e da necesidade que temos dun maior apoio institucional ás artes. María Montes, Víctor Rivas, Luz Beloso, Nuria Díaz, e o grupo Polo Correo do Vento son unha boa mostra da variedade ilustrativa. 
nerea banda deseñada
CULTURA

'Nerea. O príncipe da sorte', de Pablo Prado e Miguel Rojo, gaña o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

As pombas de Carboeiro, de Inacio Vilariño e Iván Suárez
star
Libros

“Sempre, por riba da morte, o amor sae triunfal”

Inacio e Iván son xa vellos coñecidos da BD galega por seren responsábeis da serie de catro libros biográficos do noso Castelao que Demo Editorial ten publicado até o momento. Polo primeiro dos libros desta serie, Titoán, gañaron o Premio Castelao de BD da Deputación da Coruña en 2011. Desta volta asinan este, As pombas de Carboeiro, que traslada ás viñetas unha obra de teatro do propio Inacio.
 
Cadriños de 'Kartoffel'.
CULTURA

Un crebacabezas de espionaxe, volframio e submarinos nazis no Vigo dos anos 40

A novela gráfica 'Kartoffel' desprega o seu imaxinario sobre a presenza nazi no Vigo dos anos 40, entre os submarinos U-Boost e o negocio do volframio. Con documentos históricos e fotografías inéditas os irmáns Xosé e Ramón Trigo esbozan en branco e negro unha historia de espías e algún trazo paranormal.
Kiko da Silva (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Desde as trincheiras: producir banda deseñada galega

Todo parece indicar que sopran bos ventos para a banda deseñada galega. Os datos anuais de produción melloran, o relevo xeracional está asegurado e a calidade dos traballos publicados é cada vez maior. No entanto, as dificultades comerciais e o desleixo das institucións públicas moderan o optimismo das persoas profesionais do sector, que ollan para os datos coa ilusión de quen ve abrollar o xermolo na terra traballada polas propias mans, mais tamén coa precaución de quen sabe da fraxilidade dos brotes se non se coidan coa debida dedicación.
O autor do cómic, Alberto Díaz ‘Pelorroto’. (Foto: Demo Editorial).
star
Libros

Trabar a historia

Dicía Novoneyra nun dos seus poemas dedicados a Reimundo Patiño que este era un dos "nenos do MUNDO fronteiros e irados".
O ilustrador Alberto Vázquez. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

O ser e a caza

Ao xa numeroso palmarés de premios de Alberto Vázquez, sumábase o ano pasado o Premio Castelao de Banda Deseñada con A caza, unha obra redonda cuxa conceptualización e transcendencia do narrado, que nos achega unha visión existencial, mítica e filosófica, encaixan nun manexo sensíbel do medio e da técnica empregada que fai que adquira un valor totalizador.
 
Cadriños d’O pacto do letargo' (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Pacto co marabilloso

Imaxino que, coma min, os lectores e seareiros da obra de Prado bisbarían derredor da nova publicación do coruñés amosando a súa incerteza do que agocharía este seu último proxecto, tendo boa conta da distancia temática, e mesmo artística, dos últimos traballos. 
Retrato de Arkaitz Cano. (Foto: Demo).
star
Libros

Democracia da cal

O 20 de novembro de 1984 Santiago Brouard era asasinado por Luis Morcillo e Rafael López Ocaña, mercenarios do GAL ás ordes do comandante da Garda Civil Rafael Masa, quen á súa vez recibía ordes do director de Seguridade do Estado, Julián Sancristóbal.
Detalle de Coraçom de terra (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Alma de país

Cerca de dez anos houvo que aguardar desde a publicaçom de Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano, para que pudéssemos voltar a ver o homenageado no Dia das Letras Galegas plasmado numha banda desenhada.
394 Libros 2
star
Libros

...como descanso deixas

Con esta alusión á recorrente frase que fai fincapé en que non toda morte ten de resultar algo especialmente dramático, senón que, dependendo do finado, pode ben ser un acougo físico, psicolóxico ou moral de quen o rodea, Tomás Guerrero encara a súa segunda novela gráfica afastándose, só en parte, do seu primeiro traballo, A deserción de Stalin
390 Libros 2
star
Libros

Desde a caixa negra da memoria

Con guión de José Carlos Fernandes e deseño de Roberto Gomes, a obra portuguesa Mar de Aral proclamouse no pasado ano como a gañadora dos Premios Nacionais de Banda Desenhada ao recibir os galardóns de mellor obra e mellor argumento, sendo ademais finalista ao mellor deseño.
Cartel de 1909 para o libro 'La cocina práctica de Picadillo, a grande obra da cociña galega' (Foto: Nós Diario).
star
Deseño

Máximo é un dos nosos

on parou quedo, non acougou. Experimentou todo con todos os medios e técnicas plásticas, mesmo a talla en madeira e aínda a banda deseñada. Hoxe nomea en Ferrol un premio de gravado, pero Máximo Ramos (A Graña, 1880 - Madrid, 1949) podería nomear mellor un premio de deseño, outro de banda deseñada, desde logo un de ilustración. 
Páxinas de Os berros da motocicleta na que Pablo Prado recrea instantáneas da vida de Josefina Urruti (Imaxe: Pablo Prado).
CULTURA

A resistencia valente de Josefina Arruti

O matrimonio foi o delito de Josefina Arruti. Tras 18 meses na cadea, repudiada por quen antes a gababa como  muller do alcalde e vixiada polo franquismo, sacou aos seus fillos adiante e foi quen de axudar a outras familias represaliadas. Kiko da Silva e Pablo Prado narran a súa vida en Os berros da motocicleta
O concelleiro de Memoria e Patrimonio Histórico de Pontevedra, Xaquín Moreda, xunto co guionista de Os berros da motocicleta Kiko da Silva (Imaxe: Concello de Pontevedra).
MEMORIA E HISTORIA

Un cómic recolle a vida de Josefina Arruti, represaliada polo franquismo

Os berros da motocicleta, con guión de Kiko da Silva e ilustracións de Pablo Prado é unha iniciativa do Concello de Pontevedra.
O tradutor Gabriel Álvarez Martínez (Imaxe: Nós Diario).
CULTURA

Gabriel Álvarez: "A lingua e a cultura galegas tamén se nutren a través das traducións"

Afeccionado á lingua xaponesa desde novo, Gabriel Álvarez Martínez especializouse na tradución directa desde o xaponés. Da man de distintas editoras, en ocasións xunto a tamén tradutora Mona Mai, ten trasladado ao galego obras de Haruki Murakami, Jun'ichirō Tanizaki ou, neste 2020, de Takiji Kobayashi, concretamente O Caranguexeiro (Hugin e Munin). "Ten conexión coa actualidade pola explotación laboral que reflicte", valora.
O xurado da XV edición dos Premios Castelao.
Premio

Begoña García-Alén e Andrés Magán fanse co Castelao de Banda Deseñada

Adeus amigos e As aventuras de Passer P. Malta son os títulos das obras gañadoras, das que o xurado destacou a súa enorme calidade, escollidas entre 42 candidatas.
Cartaz de Viñetas desde o Atlántico.
Cultura

O festival Viñetas desde o Atlántico resiste a pandemia

Do 17 ao 23 de agosto chega a 23ª edición dun festival que este ano pon o foco nas publicacións destinadas a público infantil e xuvenil.
O estudante de banda deseñada Sergio Sink (Imaxe: Nós Diario)
CULTURA

Sergio Sink: "Ilusionoume que editoriais galegas aposten por autores noveis de banda deseñada"

Sergio Sink (1991) foi finalista do Premio Internacional de Escolas de Manga e Cómic 2020 na modalidade de 'storyboard'. Este estudante de segundo curso da Escola O Garaxe Hermético ten claro que quere facer da banda deseñada o seu medio de vida e augura un longo percorrido para o sector no país. 
2020'Astrocito' é unha obra de Miguel Porto no que adolescentes e robots xigantes conviven nunha terra devastada.
CULTURA

'A viñeta de Schrödinger' trae de volta a banda deseñada 'made in Galiza'

Como lembra Kiko da Silva, houbo un tempo, non tan afastado, no que para as publicacións de banda deseñada en galego o primeiro número era tamén o último. Afortunadamente iso cambiou, e boa proba é a saída do prelo do terceiro número de 'A viñeta de Schödinger', que está dirixido polo propio Kiko da Silva.