banda deseñada

Cadriño da banda deseñada, no que se recolle a voda entre Elisa e Mario.
Cultura

O cómic 'Elisa e Marcela' deixa no ar a identidade de xénero de Mario-Elisa

Con motivo do Día do Orgullo, o Consello da Cultura Galega edita unha banda deseñada encamiñada a divulgar a historia de Elisa e Marcela. A ilustradora Xulia Vicente é a encargada de levar aos cadriños este icónico periplo vital, unha misión que emprendeeu con fondo respecto polo que representa, mais tendo que suplir algúns ocos desde a ficción nunha interpretación persoal que se nutre de achegas anteriores ao romance, como a da Panadería e Isabel Coixet. 
Making of da banda deseñada "Elisa e Marcela"
CULTURA

Making of da banda deseñada "Elisa e Marcela"

Xulia Vicente explica neste vídeo o proceso de elaboración da Banda deseñada "Elisa e Marcela", encargada polo Consello da Cultura Galega para celebrar o Día do orgullo LGTBI+ 2020.
'Mafalda' en galego (1984).
CULTURA

O "cameo" de Carvalho Calero nunha tradución de 'Mafalda'

Aparece nun volume publicado por Souto S.A. en 1984
Detalle da historieta de David Rubín (ECC).
Cultura

David Rubín crea un Superman "co poder máis importante" agora coa COVID-19 "e sempre"

O artista ourensán participa no proxecto Los héroes siempre vuelven de ECC Cómics, que sitúa a superheroes diante da pandemia do coronavirus. A historieta de Rubín poderá collerse gratis cando abran as librarías. 
Capa da banda deseñada
Cultura

A banda deseñada de Carvalho duplica os fondos solicitados

A campaña de micromecenado de Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra consegue recadar o duplo dos fondos solicitados
Xosé Tomás
CULTURA

"A experiencia dime que canto máis traballas coas crianzas na banda deseñada, máis lles gusta"

O ilustrador Xosé Tomás, colaborador de Nós Diario, botou a andar un obradoiro de banda deseñada 'online', en aberto e para todos os públicos, co que poderemos aprender todos os pasos para crear a nosa propia banda deseñada. Conversamos con el sobre este e outros proxectos que ten entre mans, como 'Historias da fraga revirada', un volume moi persoal que pronto verá a luz en Galaxia. 
carvalho
CULTURA

"Achamos que é uma história que guarda as claves da realidade atual do nosso país"

Em breve começa a campanha de crowdfunding para Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra, que se realizará desde a plataforma Verkami. 'Coraçom de terra' é uma biografia ficcional que repassa a vida e a obra do autor homenageado no Dia das Letras. A proposta, ao cuidado de Demo Editorial e da Através Editora, é uma novela gráfica feita por Xico Paradelo e Iván Suárez. Conversamos com Xico Paradelo para saber mais pormenores desta nova iniciativa.  
Unha imaxe da serie As Bólas Máxicas (CRTVG)
SOCIAL

30 anos da estrea da serie 'As Bólas Máxicas' na TVG

As redes sociais lembraron este sábado 8 de febreiro o aniversario da mítica serie xaponesa na nosa televisión

 

Detalle de 'Madialeva'
Banda deseñada

'Madialeva', os relatos das mulleres rurais

Acaba de ver a luz Madialeva, unha banda deseñada de Ana Moreiras que pon o foco nas mulleres rurais como transmisoras da historia oral. Cun profundo pouso documental, a obra procede de relatos reais reelaborados pola debuxante, que reivindica o abandono do agro e o desleixo por parte das administracións. 
Aldara Álvarez García asina como Anómena de Río
Banda Deseñada

'A proba da auga', de Anémona de Río, faise co premio O Garaxe Hermético

A Proba da Auga, asinada por Anémona de Río, gaña a primeira edición do Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, organizado pola escola de debuxo homónima xunto coa editorial Xerais. Aldara Álvarez García, agochada tras o alter ego, recibe o galardón por unha obra que verá a luz a próxima primavera.

Cristian F. Caruncho en Couzadoiro (Ortigueira)
Un cómic de Cristian F. Caruncho

"Grandarroiba" ou o rural máis íntimo

O debuxante de banda deseñada Cristian F. Caruncho publica o seu primeiro traballo longo con Demo editora. Chámase Grandarroiba e capta a alma do rural galego que habita no imaxinario do creador.
Nacho Hortas (Cedida)
LEMBRANZA

Falece Nacho Hortas, debuxante de Sermos Galiza

Humorista gráfico de Sermos Galiza desde practicamente os comezos da posta en marcha do semanario, Ignacio Hortas, coñecido como Nacho Hortas, faleceu a noite da pasada sexta feira, 11 de outubro, aos 64 anos, por causa dunha enfermidade.

a caza
'Uxío', de Martín Romero, inaugura a modalidade infantil

'A caza', de Alberto Vázquez, premio Castelao de banda deseñada

“Mundo propio e persoal”, “debuxo expresivo que xera unidade narrativa” e “imaxes que se manteñen na retina do lector”. Con estes argumentos o xurado da 14ª edición do premio Castelao de banda deseñada decidiu distinguir A caza, do coruñés Alberto Vázquez. Ademais premiou Uxío, de Martín Romero, que inaugura a categoría infantil e xuvenil do certame.
viñetas
Viñetas do Atlántico do 5 ao 11 de agosto

Tintín aproxímase ao centenario na Coruña

Hai un intre emblemático no verán cultural coruñés. Márcao a aparición en diferentes puntos da cidade de Spiderman, Obélix ou Tintín. E indica que comeza Viñetas desde o Atlántico, a festa anual da banda deseñada que dirixe o autor Miguelanxo Prado e que, desde o 5 ao 11 de agosto, encherá a Coruña de actividades relacionadas co cómic.
fiz kiko da silva
Da man do Fiz de Kiko da Silva

Banda deseñada para aprender a debuxar banda deseñada

Aprende banda deseñada con Fiz é xusto o que indica o seu título: un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic. E protagonizado polo popular, e escatolóxico, personaxe creado por Kiko da Silva (Vigo, 1979), Fiz.

astérix en britania banda deseñada
CULTURA

Astérix fala galego desde 1976

Astérix en Britania (1966) narra a viaxe da máis célebre parella de guerreiro galos á illa que hoxe é Gran Bretaña para axudar á rebelión contra os romanos. A aventura mesmo se converteu, dúas décadas despois, en filme de animación. E, á espera da Filla de Vercinxetórix, trátase do último Astérix publicado en galego, desta volta por Xerais e Salvat.
 

Alfonso Barreiro
Entrevista a Alfonso Barreiro

"Non podemos esquecer que as nenas e nenos van ser os lectores do mañá"

O debuxante de banda deseñada Alfonso Barreiro (Noia, 1980) presenta esta sexta feira, día 24, na vila que o viu nacer, Troglo & Dita, a súa segunda obra. Un cómic en galego e destinado a ese público menos recordado dentro do xénero, o infantil. A historia, que encerra unha ensinanza final, ten por protagonistas dúas persoas cavernícolas ás cales as nenas e os nenos poderán acompañar durante o transcurso das súas experiencias vitais.

rosalía de festa 2
Banda deseñada sobre a poeta e Mugardos

Rosalía de Castro na beira do mar

“Si a vernos, Marica, nantronte viñeras / á festa do Seixo na beira do mar, / ti riras, Marica, cal nunca te riches / debaixo dos pinos do verde pinar”. Este cuarteto de Rosalía de Castro, de Cantares Gallegos (1863), é o xermolo de Rosalía de Festa, unha banda deseñada que explora a hipotética relación da poeta co Seixo, lugar de Mugardos.
 

sermos 26-4-19 xose lois
POLÍTICA

Un cadriño de Xosé Lois 'O Carrabouxo'

'A filla de Vercinxetórix' sairá en Xerais

O novo álbum de Astérix publicarase en galego

Unha adolescente rebelde, filla do líder rebelde galo Vercinxetórix, protagoniza o álbum número 38 do irredutíbel Astérix. A filla de Vercinxetórix sairá á rúa en outubro e, como en anteriores ocasións, contará con versión galega da man de Xerais.