banda deseñada

_DSC0294
XIAO BERLAI PRESENTA O SEU 1º DISCO, 'DESCONHECIDO'

“É a historia do meu tío, mais repítese moitas veces no rural galego”

‘Desconhecido’ é o primeiro libro-disco de Berlai, o proxecto musical impulsado por  Xiao Berlai, ex membro de Fía na Roca, que se bota a cantar por primeira vez. Un produto que se constrúe nun formato moi coidado e que enfía o texto e o son cunha banda deseñada a cargo de Ernesto G. Torterolo, que alimenta o disco e que recrea unha historia real, emotiva e vencellada ao rural galego. Preséntase en directo o día 30 de novembro na compostelá sala Riquela.
 
 

emiliofonseca
CULTURA

Emilio Fonseca gaña Premio Castelao de Banda Deseñada

A obra 'Fóra de mapa' de Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978) foi seleccionada por unanimidade do xurado como gañadora do XI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña.  Destacou a necesidade e abrir unha nova liña destinada a público infantil e xuvenil.

viñetas
CULTURA

A Coruña faise cómic con "Viñetas desde o Atlántico"

Do 10 ao 16 de agosto desenvólvese a XVIII edición de "Viñetas desde o Atlántico" o salón do cómic que este ano amplía as súas exposicións até o 20 de setembro. Destaca a maioritaria presenza de autoras nesta iniciativa dirixida por Miguel Anxo Prado. 

Martín Romero
DEBUXANTE CONVIDADO DE "VIñETAS DESDE O ATLáNTICO"

Martín Romero: “Sigo sen vivir do cómic; é complicado facelo”

Martín Romero (Xión, 1981) é o ilustrador galego convidado na XVIII edición de Viñetas desde o Atlántico, o salón do cómic da Coruña, que se inaugura esta segunda feira (10 de agosto). Estudou Deseño Gráfico en Lugo e Ilustración en Barcelona. A súa obra, con grande acollida en Francia, recibiu numerosos premios.

Fragmento do cartaz
CULTURA

Viñetas desde o Atlántico, unha semana para poñerse ao día no mundo do cómic

Para estar ao día do que acontece no mundo da banda deseñada, nada mellor que participar no Viñetas desde o Atlántico, o festival do cómic dirixido por Miguelanxo Prado que se desenvolve na Coruña do 4 ao 10 de agosto. 

Miguel Anxo Prado
CULTURA

“Ardalén” válelle a Miguelanxo Prado o Premio Nacional do Cómic

Miguelanxo Prado é o gañador do Premio Nacional do Cómic pola súa novela gráfica Ardalén, publicada por El Patito Editorial. 

Moncho Reboiras
CULTURA

Castelao, Bóveda e Reboiras xa son personaxes de cómic

As biografías de tres das figuras fundamentais do nacionalismo xa se pode seguir a cadriños. A UPG edita un cómic con Moncho Reboiras como protagonistas para difundir a súa figura aos proxectos que xa levaron á banda deseñada a Alexandre Bóveda e a Castelao. 

CULTURA

O festival do cómic “Viñetas desde o Atlántico” bota a andar na Coruña

Cunha homenaxea Jan, o autor de “Superlópez” no corenta aniversario da súa creación, e a presenza de autores convidados como Fausto Isorna, Baru, Max, Frank Le Gall, Enrique  Fernández, David Aja ou Susanna Martin, o festival da historieta dirixido por Miguelanxo Prado, “Viñetas do Atlántico” abre as súas portas na Coruña. 

Jaraba
CULTURA

Fran Jaraba: “O cómic segue a ser esa expresión que sae da alma mais é difícil que sexa rendible”

A derradeira semana de maio, División Azul, a nova obra do vigués Fran Jarabá, verá a luz nas tendas do estado español de man de Edicións de Ponent. Pola súa banda, Xerais prepara a edición en galego deste cómic no que o espionaxe, o amor e a militancia política impulsan un periplo pola Europa convulsa da Segunda Guerra Mundial.

Autores do cómic biográfico sobre Castelao
CULTURA

A andaina de Castelao por Europa chega ao cómic de man de Inacio e Iván Suárez

Máis Alá, o terceiro volume dunha serie biográfica, aterrou nas tendas do país coeditado por Demo Edicións e a libraría Kómic. Esta nova entrega repasará a estancia en París do histórico nacionalista e a súa relación coa arte da vangarda. O IV Encontro das Irmandabades da Fala  e as conversas con Manuel Antonio arredor do manifesto Máis Alá moverán a acción na Galiza. 

Miguel Anxo Prado
Galiza

"Ardalén" de Miguelanxo Prado, mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona

A novela gráfica, Ardalén, de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecida por un xurado de profesionais como Mellor Obra de Autor ESSpañol na XXXI edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor tardou nove anos en publicar esta novela que recibiu o Premio das Librarías Especializadas e que o próximo luns lanzará a súa segunda edición. 

Ardalen
CULTURA

“A variedade estilística e temática fai do cómic galego o máis rico do estado”

Ardalén, a última obra de Miguel Anxo Prado, vén de ser elixida mellor banda deseñada do ano nos galardóns de Zona Cómic, colectivo no que conflúen as librarías especializadas deste sector a nivel estatal. A piques de saír a súa segunda edición en galego, esta inmensa novela gráfica intérnase nas entrañas da memoria. .

Serea do cartel da XV edición de Viñetas desde o Atlántico
DO 6 AO 12 DE AGOSTO

Arrinca a XV edición de Viñetas desde o Atlántico

O festival de banda deseñada enche a cidade da Coruña de actividade un ano máis, cun programa que abrangue presentacións de libros e proxectos, exposicións, encontros, un ciclo de cine e a presenza de convidados coma Frank Quitely ou Homs.

Obra de José Domingo
Letras e Ideas

Galiza continúa sen ter presenza institucional no Saló do Cómic de Barcelona

Menos editoras e creadores participarán este ano na máis importante mostra de banda deseñada do Estado español. Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández, Víctor Rivas, Lola Lorente, Martín Romero asinarán exemplares. David Rubín e José Domingo son candidatos aos premios do Saló.
Detalle da portada de "Castelao. O Pobre Tolo"
Letras e Ideas

Castelao, dobre protagonista de BD

Co album Castelao, o Pobre Tolo de Iván Suárez e Ignacio Vilariño e In Memoriam de Kike Benlloch e Fonso, Castelao toma por partida dobre protagonismo nas novidades editoriais en bd.

Trazo de xiz de Miguel Anxo
PREPARA A SAÍDA DA NOVELA GRÁFICA "ARDALÉN"

"Trazos de Xiz" de Miguelanxo Prado incorpórase á banda deseñada en galego

A emblemática e premiada obra de Miguel Anxo Prado Trazos de Xiz incorpórase ao galego da man de El Patito Editorial que publicará próximamente a agardada novela gráfica Ardalén.