cultura

.
CULTURA

"Pan de millo", a música saída do forno de "Migallas"

Pan de millo (Kalandraka) naceu devagar e a lume morno, como o bo pan do que non queda nin as migallas. Co arrecendo inconfundíbel da panadaría pontevedresa de María Campos e Carlos Yus, Migallas, sae do forno agora o videoclip dun dun dos temas no que participa o alumnado do EEI de Verducido, en Pontevedra .

 
Elena Gallego
CULTURA

Un dragón bota lume na rede

Unha “Dragalpedia” e unha “Topoteca” son os primeiros chanzos do Proxecto Dragal, a expansión da historia do dragón creada pola escritora Elena Gallego Abad á rede. Unha serie televisivas e un cómic serán os posteriores pasos dun proxecto didáctico no que están a colaborar máis de 500 mozos e mozas e 40 ensinantes e que ten como obxectivo darlle vida ao patrimonio inmaterial esquecido. 

Andrés Castro
CULTURA

Andrés Castro convida cun concurso a escoller os filmes que critica no semanario Sermos Galiza

Crítico no semanario e máis no dixital de Sermos Galiza, Andrés Castro promove a través da rede un concurso no que a persoa que resulte gañadora escolle o filme que critica na sección de papel. O seu obxectivo é facer unha sección máis dinámica e participativa e facer “mover” o semanario na rede. 

TAC
CULTURA

O Taller Atlántico Contemporáneo promove un concerto con 111 bicicletas en Pontevedra

111 buguinas soando. 111 bicicletas como instrumentos. O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) solicita a participación do público no concerto “Eine Brise” de Mauricio Kagel, unha acción fuxidía que terá lugar o próximo domingo 1 de decembro no Culturgal. O TAC vén de gañar o Premio da Crítica e está finalista dos Premios Galegos da Música. 

gravity 1
CULTURA

Gravity, abrindo novas fronteiras no cinema do espazo

Ten razón James Cameron cando di que Gravity é o mellor filme sobre o espazo rodado xamais? O noso crítico das sextas feiras, Andrés Castro, acha que si. Queres saber como o argumenta?

CULTURA

Xurxo Souto e Lalo Carnota presentan “A Terra Queima” ao pé das pedras percebeiras da Coruña

No Campo de Marte, na biblioteca da Asociación de Veciñ@s Atochas Monte Alto, Xurxo Souto e Lalo Carnota presentan este sábado día 23 ás 19.30 “A Terra Queima”, un libro-cd no que as pedras percebeiras que rodean á Torre de Hércules séntense e contribúen a desenmarañar un enigma do que depende a salvación do mundo. 

Fina Casalderrey
CULTURA

A escritora Fina Casalderrey convértese en académica en Pontevedra

No Teatro Principal de Pontevedra, a cidade elixida pola escritora, Fina Casalderrey lerá hoxe o discurso co que ingresará na Real Academia Galega. Con ela a literatura infantil e xuvenil entrará nunha institución que volverá contar con cinco mulleres no seu plenario, o número máximo da súa historia. 

CULTURA

O galego que vende libros "antigos, raros, curiosos e esgotados" na Axarquía

Vende libros como antes, falando coa persoa que pode ser cliente. Ten un fondo de máis de 60.000 libros “antigos, raros, curiosos e esgotados”, cun apartado especial para libros galegos. O coruñés Antonio Castillo xestiona Libros La Peña desde Benajarafe, na Axarquía de Málaga.

Detalle do cartaz das xornadas
CULTURA

Poetas convidan nunhas xornadas a levar os versos ás aulas

Poetas como Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás, Fran Alonso, Antonio García Teijeiro., Carlos Negro ou Antía Otero son algúns dos nomes que integran o programa da xornada “Versos pintados no pupitre” que terá lugar os días 13 e 14 de decembro organizada pola AELG e a AS-PG. O obxectivo, animar a ensinantes para que a poesía chegue ás aulas. 

Detalle da imaxe
CULTURA

Vari Caramés visita o Pasatempo coa súa cámara

O fotógrafo Vari Caramés retrata o parque do Pasatempo de Betanzos nun traballo que expón na galería Trinta de Santiago. O obxectivo de Caramés fica prendado co pasado, a maxia, a imaxinación e a melancolía do espazo ideado polos irmáns Naveira. 

CULTURA

A mexicana Elena Poniatowska gaña o Premio Cervantes

A escritora mexicana Elena Poniatowska é a nova gañadora do Premio Cervantes. A autora de obras como Tinísima ou Las sieta cabritas recibiu en 2009 o recoñecemento como Escritora Galega Universal pola AELG. A súa obra A filla do filósofo (Galaxia) chegou ao galego da man dun grupo de escritores e escritoras, Lilus Kikus, o seu primeiro libro, foi traducido pola escritora Teresa Moure (Trifolium) 

Morriña
CULTURA

“Morriña”, a película que fixo feliz á actriz arxentina Esther Goris

“Hoxe foi a noite máis feliz da miña vida na profesión”, dixo actriz arxentina, filla de galegos, Esther Goris despois da estrea esta segunda feira no 28 Festival Internacional de Cine de Mar de Plata do seu primeiro filme como directora. En “Morriña. Nostalgia de la tierra natal”, un dos nomes máis recoñecidos das artes escénicas na Arxentina atópase coa súa condición de filla da emigración galega. 

Rosalía de Castro
CULTURA

A AELG xa prepara o Día de Rosalía

Agasallar cun libro e unha flor no Día de Rosalía. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega comeza xa a preparar a conmemoración do 24 de febreiro, data do nacemento da poeta, e quere que asociacións, concellos e demais entidades se impliquen nunha xornada de festa para as nosas letras. 

cig
SOCIAL

A cultura galega asina contra a LOMCE, ''un paso atrás para impedir o que somos''

A Plataforma galega en defensa do ensino público entregou no rexistro da Xunta por volta de 500 firmas doutras tantas persoas vinculadas á lingua, á literatura, á arte ou á música. Exixen a retirada da 'Lei orgánica de mellora da calidade educativa'.

Doris Lessing
CULTURA

Morre Doris Lessing, a muller de escrita dourada contra a inxustiza

Con 94 anos, morreu este domingo en Londres a escritora Doris Lessing, autora e máis de medio cento de libros a través dunha traxectoria coa que conseguiu en 2007 o Premio Nobel de Literatura. A mensaxe de anticolonialismo, feminismo e xustiza social converten os seus libros en arma contra a inxustiza. 

Cineclube
CULTURA

A crise do cinema comercial sitúa os cineclubes como unha alternativa

A medida que as salas de cinema botan o feche, os cineclubes incrementan a súa audiencia. Conversamos con tres destes proxectos afincados desde hai anos en Galiza, o cineclube Padre Feijóo (Ourense), o Valle-Inclán (Lugo) e co Cineclube Compostela sobre a crise do sector e as súas alternativas. 

Premios galegos da Música
CULTURA

Os premios galegos da música xa teñen finalistas

Pasarán á seguinte rolda de votación 39 proxectos. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 13 de decembro nas Adegas Martín Codax. 

about time
CULTURA

About Time: unha viaxe no tempo

Unha comedia british, coral, con bons momentos de guión e interpretacións estimábeis. Algo lastrada, iso si, por certa mensaxe machista e tradicionalista. É sexta feira? É. Ergo, aquí está a crítica de Andrés Castro.

López Abente
CULTURA

A Fundación López Abente presenta a súa poesía completa na Coruña

Coa edición do escritor e investigador Miro Villar, a “Poesía Completa” de Gonzalo López Abente preséntase esta sexta feira no espazo cultural Portas Ártabras da Coruña, no marco do 50 aniversario do pasamento do poeta. 

Caixas
CULTURA

O risco das coleccións das Caixas urxe iniciativas políticas e sociais

Diante do risco de perda das coleccións artísticas das Caixas, o BNG presentou no parlamento unha iniciativa encamiñada a impedir a venda e a súa saída do país, alén de unificar os dous expedientes. Galiza Cultura está a recoller sinaturas nunha campaña “pola titularidade pública e o goce universal do patrimonio artístico das antigas Caixas de Aforro Galegas”.