Real Club Deportivo

Riazor
DEPORTES

Sen o fútebol do seu lado, o Deportivo amarra un empate en Riazor ante un bon Athletic

Ás veces a lóxica imponse no fútebol. Era lóxico que unha equipa desafiuzada do campionato hai apenas un mes conquistase de súpeto cinco vitorias consecutivas? Certamente non. Un estupendo Athletic foi o responsábel de frear o combo de Fernando. O mellor, o resultado. 1-1. O treinador de Castrofeito optou por amarrar o empate.

Depor-Mallorca
DEPORTES

O Deportivo, conducido por un Valerón eminente, sae do descenso na cuarta vitoria de Fernando

Valerón escusas retirarte. Para que. En serio. Se Ryan Giggs xoga aos 39 de titular co United en partidos chave da Champions, non hai ningunha razón para que abandones tan cedo o relvado. Aos teu 38 anos estás imperial. Contigo ao mando o Deportivo encadeou a súa cuarta vitoria consecutiva e xa está fóra do descenso, por vez primeira en 16 xornadas.

Galiza

Piden 5 anos de cárcere para unha independentista polas mobilizacións contra o porto deportivo de Massó

Fiscalía acusará a Charo Lopes dun delito de desordes públicas, un de danos con incendio e outro de danos. Aliás, quere que lle pague 2.678´70€ ao banco Santander pola rotura dun cristal e 320 ao Concello de Cangas. Os feitos aconteceron en 2009, nunha masiva protesta que xuntou 5.000 persoas
O Depor treinando
DEPORTES

O Deportivo vai ao Camp Nou sen se pór ningún límite

O treinador deportivista conta con Nelson e Riki non viaxará. Fernando di que non pensa no empate. O encontro será este sábado (Camp Nou, 20 h).
DEPORTES

O Deportivo peta nas portas do inferno

Sen un átomo de tensión é imposíbel sobreviver na élite. O Deportivo é hoxe unha equipa amortizada. Non ten nen enerxía nen fútbol. Na era post-Oltra (6 partidos sob a dirección de Paciência, tres baixo Fernando), o Depor gañou só 5 dos 27 pontos en xogo. O empate co Rayo (0-0) deixa a equipa galega petando nas portas do inferno.
DEPORTES

Un gol do Valencia no desconto empurra o Deportivo ao abismo

O efeito Paciência pasou á historia e o Deportivo sumou unha nova derrota na Liga. A equipa galega careceu da solvencia defensiva que se lle supón ás escadras treinadas polo técnico portugués.
DEPORTES

O Deportivo ten "intervidas" as súas faculdades de administración e disposición patrimonial

O Deportivo conserva no plano formal as faculdades de administración e disposición dos seus bens patrimoniais, mais na práctica o exercicio desas competencias fica sometido á intervención do administrador concursal, a empresa AD Cryex.
DEPORTES

A xustiza levanta o embargo ao Deportivo e admite o concurso

O clube poderá cobrar de Mediapro. A empresa que levará a administración concursal traballou en procedementos polémicos como Afinsa e Fórum Filatélico.
DEPORTES

O Deportivo presenta concurso de acredores con Lendoiro a tentar manter o control do clube

O peso abrumador das débedas contraídas polo clube nestes últimos anos, ao redor de 100 millóns de euros, findou por imporse. O Deportivo presentou concurso de acredores.
lendoiro
A MALA XESTIóN E AS PRESIóNS POLíTICAS ABOCAN AO DEPORTIVO DE LENDOIRO á LEI CONCURSAL

A mala xestión e as presións políticas abocan o Deportivo de Lendoiro á lei concursal

A inmensa débeda contraida pola actual directiva deixa o clube coruñés nunha complicada situación na que non é marxinal o papel xogado polo lobby da grande burguesía local.
Eleccions2012

CxG avoga por un novo modelo deportivo galego construído desde a base

Compromiso por Galicia realizou un encontro sectorial con representantes do deporte galego, aos que transmitiu a aposta desta formación por un novo modelo baseado nunha nova cultura deportiva
DEPORTES

O Deportivo empata co Xetafe nun partido moi aberto

Riki foi o artífice do gol coruñés, que coezou adiantándose no partido
Festa ascenso Depor 2012
DEPORTES

Deportivo e Liceo de festa en María Pita

As equipas do Deportivo de fútbol e Liceo de hoquei celebraron diante do concello da Coruña os magníficos resultados desta fin de semana.