Lendoiro adiou todo o posíbel a presentación do concurso de acredores e nos últimos días tomou decisións que, unha vez que o clube estea formalmente intervido, quizá non podería ter tomado, entre elas as fichaxes de Domingos Paciência e as incorporacións de Silvio e Paulo Assunção.
A partir de agora, a grande incógnita reside en esclarecer se o presidente do clube, durante máis de dúas décadas plenipotenciario e única fonte de poder na tomada de decisións da entidade, continuará a ter o control real do Deportivo.