9 de xuño de 2024, posíbel data para as eleccións galegas
O Goberno vasco valora o domingo 9 de xuño como posíbel data para celebrar eleccións en Euskal Herria, facéndoas coincidir coas europeas. Se Rueda segue os pasos de Feixoo, o segundo domingo de xuño de 2024 as galegas e os galegos tamén terán que introducir dous sobres nas urnas.
Rueda falará con Urkullu para "tentar" que coincidan as eleccións vascas e galegas
Rueda abre a porta a facer coincidir as eleccións galegas coas europeas
Ratificada a data das próximas eleccións europeas, adiantada por 'Nós Diario': 9 de xuño
As próximas eleccións ao Parlamento Europeo decorrerán, tal e como informaba Nós Dario o pasado mes de abril, en todos os países da Unión Europea entre o 6 e o 9 de xuño de 2024, unha cita electoral que no caso do Estado español decorrerá o domingo 9. "A democracia na Unión Europea é máis importante que nunca, o teu voto conta", advertiu a presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola, nunha breve mensaxe gravada e difundido nas redes sociais para chamar aos europeos para votar. O calendario foi acordado polos gobernos europeos.