emprego

TRABALLO

O paro rexistrado na Galiza baixa en 9.941 persoas en abril

O descenso deuse en todos os sectores, nomeadamente no de servizos.

Un carpinteiro en pleno traballo. (Foto: Ministerio de Emprego)
TRABALLO

As autónomas galegas padeceron case 2.000 accidentes laborais ao longo de 2020

Agtamar-Upta forneceu estas cifras, certamente preocupantes e acaecidas a pesar do paro nalgunhas actividades derivado da pandemia, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no traballo.

Sucursal de Caixabank, que prevé despedir 90 persoas na Galiza. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
ECONOMÍA

A banca destruíu 5.500 empregos e fechou máis da metade das oficinas na última década na Galiza

O proceso de reconversión do sistema financeiro comezado en 2008 déixase notar na Galiza. Por unha banda, acelérase o proceso de destrución de emprego no sector, exemplificado nos diversos procedementos de ERE nos que están embarcadas algunhas das entidades. Ademais, asístese a un proceso de exclusión financeira, con especial impacto nas áreas rurais e na poboación de menor poder adquisitivo, e a unha perda na calidade dos servizos. Á vez, os altos directivos bancarios continúan aumentando os seus salarios.
Protesta noutro H&M do Estado español. (Foto: Ela / Europa Press)
TRABALLO

O ERE de H&M implicará o fechamento de tres tendas na Galiza e despidos noutras tres

O cadro de persoal que esta multinacional téxtil ten en Ourense vén de convocar unha folga contra o Expediente de Regulación de Emprego. Entre outras cuestións, as e os traballadores reclaman que se negocie por territorios.

'Sen coidados non hai vida', un dos lemas do pasado 8-M (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta oponse a remunerar os coidados que recaen sobre as mulleres

A Xunta rexeita remunerar os coidados que soportan as mulleres ao velo incompatíbel co seu "acceso ao mercado laboral".
Os incentivos ao atraso da xubilación limitan aínda máis as oportunidades da xente máis nova de acceder ao mercado laboral (Foto: Marta Fernández / Europa Press).
TRABALLO

A reforma das pensións golpea na mocidade

O ministro de Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, chegou a afirmar esta semana que o atraso na idade de xubilación favorecería a incorporación da xente nova ao mercado laboral, un argumento que, segundo diversos colectivos, é totalmente contrario á realidade que debuxa esta medida.
ECONOMÍA

Críticas desde Galiza ao Acordo de Transición Xusta asinado en Madrid

CIG, UXT e CCOO reclaman que non se adoiten medidas drásticas até que haxa alternativas industriais que garantan o emprego nas comarcas afectadas polo feche das térmicas.
As persoas expertas consultadas por PWC consideran a xente nova as "grandes pagadoras" da actual crise económica e da de 2008 (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A mocidade galega pagará en maior medida as consecuencias da crise da Covid-19

Unha consulta realizada por PWC destaca o desemprego xuvenil e a falta de formación específica como principais ameazas no futuro para a xente nova.
Oposicións realizadas pola Xunta da Galiza (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Case 5.000 persoas compiten por 396 prazas na oposición de administrativo e de emprego social

Por causa da Covid-19, as probas, ás que están chamadas 4.938 persoas, vanse realizar de formasimultánea no recinto feiral de Silleda e no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo 
Na actualidade hai preto de 130.000 persoas na Galiza que, aínda que sexa ocasionalmente, traballan desde o seu fogar (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
TRABALLO

O teletraballo calla na Galiza e aumenta en 32.500 persoas desde o inicio da pandemia

O crecemento, de 33,6%, é dos máis baixos do Estado español e representa máis da metade da media (74,2%).

Outro 10 de marzo en Ferrol

Imaxe de arquivo dunha manifestación en Ourense (Foto: Galegas 8M).
TRABALLO

A Covid-19 expulsa do mercado laboral 10.000 mulleres nun só ano

Un informe da UXT e Comisións Obreiras indica que case un 89% das persoas inactivas por estar ao coidado dalgunhas persoas no fogar son mulleres. Só 227 homes demandaron permisos para dar atención a crianzas, maiores ou adultas enfermas pero neste caso predomina a existencia de retribucións.

Concentración onte na praza da antiga Audiencia Provincial na Coruña para denunciar persecución sindical de Alu Ibérica (Nós Diario)
TRABALLO

Un xulgado condena Alu Ibérica por vulneración do dereito á liberdade sindical

Na factoría da Coruña
Concentración de traballadoras e traballadores de Navantia en Ferrol o pasado 19 de novembro (Nós Diario)
TRABALLO

Ferrolterra prepárase para a folga xeral mentres espera a que a Xunta actúe

Ferrolterra, Eume e Ortegal prepáranse para unha folga xeral o próximo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. 

Concentración da hostalaría hoxe na Coruña. (Foto: Europa Press)
star
O emprego baixou até un 13,5% nun ano

Os ingresos da hostalaría caeron preto dun 50% en 2020

A caída da actividade na hostalaría chegou a máximos históricos en 2020. Segundo os datos fornecidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o desemprego no sector aumentou o 13,5%, dúas décimas por riba da media estatal, e a facturación reduciuse en 47,9%, practicamente a metade de 2019. As administracións acometen o rescate das grandes cadeas hostaleiras con inxeccións millonarias de diñeiro público, mais negáselles as axudas aos pequenos estabelecementos, que son maioritarios na Galiza. As protestas de hoxe son unha mostra do malestar do sector.

Coma sempre

Concentración do persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar en San Lázaro (Foto: Europa Press).
TRABALLO

O persoal do Consorcio de Benestar clama pola estabilidade ante a convocatoria de oposicións

A Consellaría de Política Social cifra en 43% o seguimento da folga convocada por CNT. As e os empregados lamentan que na oferta de emprego público non se vaia ter en conta a experiencia nin a antigüidade.
Oficina de Emprego de Compostela (Foto: Arxina).
SOCIAL

A inserción laboral, principal traba social coa que se atopan as persoas coa síndrome de Asperger

Unha de cada cen persoas padece o Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Rego durante unha sesión plenaria. (Foto: E. Parra / Pool / Europa Press)
TRABALLO

O Congreso aproba unha iniciativa en defensa do emprego nas Pontes

O BNG exixe unha transición xusta para toda a comarca.
Representantes de Alu Ibérica ante a subdelegación do Goberno do Estado español na Coruña. (Foto: Comité de empresa)
TRABALLO

Alu Ibérica despide a catro representantes sindicais por unhas supostas agresións

A compañía comunicou a súa decisión hoxe, após abrir expedientes de sanción e deixar pasar os prazos e alegacións. No entanto, na xornada á que fai referencia a empresa houbo cruce de acusacións sobre o sucedido e as consecuencias. O grupo de empregados, entre os que estaba o presidente do comité Juan Carlos López Corbacho, protestaba por un despedimento e esta medida disciplinaria tamén coincide no tempo coas peticións de que se interveña a factoría por presuntas ilegalidades na súa venda.