enerxía

reganosa greenpeaxce
SOCIAL

Escaladores entran en Reganosa para denunciar “o impacto do gas no medio ambiente e nas facturas”

A acción correu a cargo de Greepenpeace. A organización ecoloxista, xunto con asociacións veciñais e ecoloxistas locais, súmase ao recurso contra a nova autorización da planta de Reganosa.

A era da enerxía pública

Amancio Ortega retomou en 2019 a súa aposta polo sector enerxético após o infrutuoso intento de 2005 con Unión Fenosa (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Amancio Ortega insiste no negocio enerxético após o fracaso de Unión Fenosa

O fundador de Inditex participa en Enagás, Rede Eléctrica e nun proxecto eólico con Repsol
O presidente francés, Emmanuel Macron.
INTERNACIONAL

Macron pisa o pedal da enerxía nuclear e anuncia a construción de novos reactores

En Francia hai medio cento de reactores atómicos en activo e que xeran 70% da electricidade do país.

WhatsApp Image 2021-11-06 at 9.13.41 PM
Masiva protesta contra o desmantelamento industrial da Mariña

Os traballadores de Alcoa toman as rúas de Xove en defensa do emprego

O persoal da factoría de Alcoa e miles de veciños da Mariña participaron na noite do sábado nunha marcha nocturna en Xove en defensa da continuidade da actividade industrial no complexo alumineiro.
O incremento da factura da electricidade xa provocou numerosas protestas por todo o país. (Foto: CIG)
SOCIAL

Baixa o prezo da luz, pero aínda así págase 120,85% máis cara que hai un ano

O prezo medio diario da electricidade descende mañá até 79 euros o megawatt hora (MWh), o que non evita que outubro sexa o mes máis caro da historia.
A veciñanza de Tameiga é pioneira na defensa do monte veciñal e mais no impulso da súa propia comunidade enerxética. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Autosuficiencia, o remedio fronte ás grandes eléctricas

O prezo da luz está a bater marcas históricas en outubro. Tamén na Galiza, malia ser un territorio excedentario de enerxía eléctrica que podería autoabastecerse se non exportase a que non consume. Neste contexto xorden iniciativas como as comunidades enerxéticas locais, as cooperativas sen ánimo de lucro ou a enésima tentativa de implantar unha tarifa eléctrica propia para o país, que sofre os impactos negativos sobre o territorio das enerxías renovábeis.
Parque eólico do Sil, en Nogueira de Ramuín. (Foto: Iberdrola)
ECONOMÍA

Iberdrola obtén beneficios de 2.408 millóns de euros de xaneiro a setembro

A multinacional con sede en Bilbao é o primeiro operador hidráulico da Galiza e está a apostar forte por se facer con boa parte do ‘pastel eólico’ no noso país.

Manifestación contra os eólicos que percorreu Compostela o pasado xuño (Foto: César Arxina / Europa Press).
star
SOCIAL

A moratoria eólica non afecta os case 200 parques que xa tramita a Xunta

A Xunta non aceptará novos proxectos eólicos —agás os que o Goberno considere prioritarios— entre xaneiro de 2022 e xullo de 2023. Porén, esta moratoria non terá efectos sobre os 190 parques en fase de tramitación avanzada a través da Administración galega, 61 dos cales foron xa sometidos a información pública. Aliás, outros 209 están xa en funcionamento ou contan cos permisos.
O prezo da luz abeira un novo record.
ECONOMÍA

Novo inicio de semana, nova suba da luz: até os 225,36 euros/ MWh hoxe

O prezo máis alto hoxe darase entre as 20 e as 21 horas.
capa producir
star
Caderno 'Producir'

Crise climática (I). Non debemos seguir crecendo

O 31 de outubro comezarán en Glasgow as sesións da 26ª Conferencia da ONU sobre mudanza climática. As deliberacións desenvolveranse sobre o pano de fondo do sexto relatorio do Panel Intergobernamental sobre Mudanzas Climáticas (siglas inglesas, IPCC). Elaborado por 234 expertas de 66 países despois de consultar máis de 14 mil artigos e investigacións, asinado por 195 Estados, condensa a evidencia científica máis robusta. O relatorio confirma que a temperatura media global aumentou, como consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro, máis de 1 grao sobre a previa á revolución industrial, que o incremento é superior nos continentes que nos océanos, e que máis que se duplica no Ártico.
Mapa que recolle os parques eólicos que están operativos ou en fase de tramitación na Costa da Morte (Infografía: Nós Diario).
SOCIAL

Fronte común contra o complexo eólico que ameaza a Costa da Morte

Once entidades diríxense á Consellaría de Industria para a emprazar a suspender “de forma cautelar” a tramitación do complexo eólico da Costa da Morte, “en tanto non someta o Plan eólico industrial á preceptiva avaliación estratéxica ambiental”.

adega macizo central-min
SOCIAL

Empresa familiar de Córdoba “pretende furar” o Macizo Central cunha hidroeléctrica

Iberdrola e Naturgy tamén presentaron varios megaproxectos no Macizo Central e A Limia.

A trampa da transición enerxética

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo. A enerxética galega, beneficiada na anterior poxa con 135 MW, opta agora por non concorrer (Foto: Greenalia).
SOCIAL

As grandes eléctricas desmárcanse da poxa das renovábeis en plena escalada de prezos

600 MW deberán estar operativos en oito meses para abaratar a factura da luz.

Electricidade e enerxía

Colectivo de debate enerxético Bidán: Manolo Cabarcos, Quico da Silva e Fernando Branco 
Factura (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

O prezo da luz marca hoxe un novo récord

O custo medio é de 227,45 €/MWh, o que supón o quinto maior rexistro da historia.
Protesta na porta do Sol de Madrid, este sábado (Foto: Monfero di non).
SOCIAL

A loita contra os 'macroeólicos' toma as rúas de Madrid

Máis de 180 asociacións e plataformas de todo o Estado, entre elas 15 galegas, responden a chamada de Aliente e levan a Madrid o seu berro contra o inzamento masivo de parques eólicos nas poboacións rurais.
Mobilización en Compostela o pasado 5 de xuño (Foto: César Arxina / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta tramitou catorce novos parques eólicos no último mes e medio

O colectivo Petón do Lobo denuncia a "indefensión" da cidadanía nestes procedementos, así como unha "vulneración flagrante" do Convenio europeo da Paisaxe.
Os altos prezos do aluminio impulsaron a facturación de Alcoa (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Alcoa condiciona a venda a un prezo da enerxía competitivo

A multinacional fecha o trimestre cun beneficio récord que espera consolidar a final de ano pese á folga en San Cibrao.