Ante o anuncio da volta da selección galega de fútbol, despois de oito anos sen disputar ningún partido, Vía Galega lamentou que tiveramos que agardar todo este tempo "para só asistir ao anuncio dun encontro amigábel".
A disputa da finalísima da Copa do Rei entre Athletic de Bilbao e Mallorca no eido do fútbol masculino, e a dos compromisos das distintas seleccións nacionais no feminino, farán que durante esta fin de semana os e as amantes do deporte rei deban recorrer á terceira categoría para saciar a súa sede de goles.
A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil pediu en setembro rastrexar contas relacionadas co ex futbolista do FC Barcelona e presidente da empresa Kosmos, Gerard Piqué, pola súa presunta relación co contrato negociado con Luis Rubiales na súa etapa como presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para que a Supercopa de fútbol se xogase en Arabia Saudita.
Á súa chegada a Barajas, axentes da UCO abordárono na propia aeronave e logo, acompañado por efectivos policiais, subiu a pé de pista a un vehículo negro oficial da Garda Civil non logotipado.
O ex dirixente da RFEF chegou esta cuarta feira ao aeroporto Adolfo Suárez, onde foi retido por axentes da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.
Volve o fútbol de Primeira División, e con el un Real Club Celta que afronta o seu segundo partido con Claudio Giráldez á fronte, sabedor de que un triunfo ante un rival directo como é o Raio Vallecano deixaría a permanencia a un paso, obxectivo compartido cun Rácing de Ferrol que xa roza a salvación coa xema dos dedos.
Tamén pide un ano e medio de cárcere para o director deportivo da selección masculina, Albert Luque; o ex adestrador, Jorge Vilda, e o ex responsábel de Márketing da Federación, Rubén Rivera, por coaccións.
"É indubidábel, en calquera caso, que a súa peculiar forma de dirixir a institución e a súa irresistíbel figura mediática convertérono no gran protagonista dunha época do Real Betis e nun nome que xa permanecerá para sempre na memoria colectiva dos afeccionados", salientan desde o club.