As persoas maiores de 65 anos xa poden ir ao cine por dous euros a partir da terza feira
A terza feira comeza en todo o Estado español a segunda edición da iniciativa Cine Sénior, que permite ás persoas maiores de 65 anos asistir ao cinema pagando unha entrada de dous euros. O programa, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros, está orientado a que un día a semana, de forma preferente as terzas feiras, este grupo poida adquirir unha entrada reducida en 420 cinemas. A diferenza da primeira edición, as entradas poderanse mercar por vía dixital, amais de nos propios estabelecementos.
Na primeira edición, na que tamén participaron 420 cinemas, só 28 locais gastaron de forma íntegra a axuda, polo que o titular español de Cultura, Ernest Urtasun, detallou que redistribuíron os recursos nesta ocasión para que as salas con máis afluencia incrementen a súa dotación, anunciando un fondo de reserva de case dous millóns de euros “para que non se esgote o crédito”.
O seu predecesor, Miquel Iceta, explicara que este grupo foi elixido posto que entre 2021 e 2022 só 6% das persoas maiores de 65 anos asistiu ao cinema, cando antes da pandemia de Covid-19 era “parte esencial” do público. En cambio, até 49% da poboación entre 20 e 24 anos fora como mínimo nunha ocasión ás salas de cinema.
A pensión media galega é 180 euros ao mes inferior á estatal
90% das prazas nas residencias de maiores da Galiza son de xestión privada
O país ten 14,51 centros de maiores por cada 10.000 persoas de máis de 80 anos, taxa inferior á media estatal
Volve o cinema a dous euros para persoas maiores de 65 anos
Un lugués, entre os cinco feridos que permanecen hospitalizados tras o accidente de bus do Imserso en Mallorca
As pensións máis baixas do Estado percíbense na Galiza, o 47% delas por baixo do limiar da pobreza
47,4% do total de pensionistas residentes na Galiza perciben uns ingresos por baixo do limiar da pobreza. Neste sentido, as menores retribucións correspóndense con aquelas persoas que cotizaron polo Réxime Especial de Traballadores Autónomos, cuxas pensións son as máis baixas do conxunto do Estado.
Xubilados pola Paz condenan o xenocidio en Gaza: "Non pode haber escusas"
As pensións xa son a principal fonte de renda en 93 concellos
O Índice DEC suspende á Xunta: Galiza está á cola do Estado en prazas de residencias para maiores
O Índice DEC da Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais volveu situar Galiza nos postos finais do Estado. A este respecto, alerta do deterioro do modelo galego de benestar con especial impacto entre as persoas maiores e os colectivos en risco de exclusión.
A Audiencia abre a porta a xulgar as mortes en residencias de Madrid
Pensións e dependencia: a poboación maior de 65 anos, cada vez "máis necesitada de atención"
Denuncian un presunto caso de "carretaxe" en Sarreaus co coche do alcalde (PP)
Miles de maiores reciben ás portas das eleccións o carné+65, con descontos e vantaxes, canda unha carta de Rueda
“A Xunta da Galiza ofrece moitas actividades dirixidas ás persoas maiores”, afirma o tamén candidato do PP á Presidencia, Alfonso Rueda, na misiva que se está a recibir estes días en miles de fogares.
A Xunta atrasa prestacións máis de un mes e págaas en campaña: "Estamos pasándoo mal"
Pontón aposta por un modelo público de coidados ás persoas maiores na casa
Avanza que un Goberno do BNG reforzará o servizo de axuda no fogar, aumentará as prazas de centros de día e reducirá as listas da dependencia.
A propietaria da AP-9 tamén entra no negocio das residencias de maiores na Galiza
Comprou dous centros a Domus Vi, en Oleiros e Pontevedra.
A Galiza é a comunidade do Estado que menos inviste en dependencia
O Executivo de Alfonso Rueda é o Goberno autonómico que menos inviste en servizos sociais no Estado español. As achegas públicas ao mantemento do sistema de benestar non deixaron de caer desde 2009, ano de retorno do PP á Xunta da Galiza. A dependencia é unha das prestacións máis castigadas polo recorte.