mulleres

Algúns libros de temática feminista en galego. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Libros que se rebelan contra o machismo

A literatura pode cambiar o mundo, crear conciencia e axudarnos a reflexionar sobre certas problemáticas sociais. Próximo o 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, realizamos unha viaxe polos catálogos das editoras galegas para propor unha escolma de volumes que falan da eliminación das desigualdades de xénero e reflexionan en chave feminista. 
Traballo co angazo (Foto: Elena Buch).
star
Reportaxes

Mariscadoras: tamén a bordo

Nunha contorna privilexiada en moitos aspectos, entre a compaña das illas Alvedosas, no fondo da ría de Vigo, as mariñeiras desenvolven a súa actividade. Érguense moi cedo, con choiva, frío ou mesmo en días de temporal, ou cun sol de xustiza; traballan para gañar o pan no mar, xeira tras xeira, expostas ás súas inclemencias. Mais tamén gozan dos seus ciclos. Móstranse satisfeitas e contentas co que fan, o traballo é duro, pero ten as súas vantaxes e estar en contacto co medio é unha delas para moitas. Iso si, hai que saber aprecialo, estar disposta a mollarse e... saber nadar.
387 repor 2
star
Reportaxes

Precariedade: sinal distintivo das traballadoras galegas

A todas luces, a situación da muller no mundo laboral reflicte unha desigualdade que non é allea ás estatísticas. Os últimos datos da Axencia Tributaria e da Mostra Continua de Vidas Laborais da Seguridade Social traducen de maneira cuantitativa a fenda salarial e das pensións, así como a discriminación que enfrontan as galegas con máis xornadas parciais, maior incidencia da temporalidade, salarios máis baixos... Debullamos a precariedade, sinal característico das traballadoras da Galiza. 
387 Repor 1
star
Reportaxes

Prender a luz: mulleres diversas visibilizan desigualdades

Coas imaxes das rúas de Verín asulagadas polo movemento galego aínda frescas e dúas convocatorias previas do 8-M cruciais en termos de participación e de impacto social, mulleres de colectivos historicamente relegados reclaman ensanchar o foco do feminismo para sacar da marxinalidade as vulnerabilidades das que son menos visíbeis. Porque o que non se ve non existe, botan luz sobre as súas desigualdades para poder facerlles fronte de forma colectiva. 
384 Repor 2
star
Reportaxes

As galegas violadas polo franquismo

A represión das mulleres durante o franquismo non rematou cos asasinatos, executados, unhas veces, tras un proceso militar e, outras, á marxe de toda norma. Tampouco, coas longas condenas a penas de prisión ou privación de liberdade. Moito menos, coas incautacións ou extorsións económicas, que remataron por condenalas á miseria. Houbo, tamén, unha represión sexuada, cuxa memoria se resiste a saír á superficie.
387 entrevista
star
Entrevistas

María Xosé Silvar: Ser mala muller

Desde converterse en grupo revelación de AcoruñaSon en 2007 con Chámalle Xis!, María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, mostra unha carreira que non é fortuíta, senón froito do traballo duro e constante. Acaba de volver da súa primeira xira por Latinoamérica, directamente para presentar o seu sétimo álbum. Liberar as arterias chega así amadriñado polos versos da poeta e activista Luz Fandiño, cunha mensaxe que se rebela contra a escravitude do odio. Após esgotar billetes en Barcelona, esta sexta feira encheu en Vigo, primeira das moitas datas xa programadas que a levará desde os escenarios máis cativos de Narón, Guitiriz ou Meis, até palcos estatais en Bilbo, Donosti, Málaga ou Madrid. 
378 Libros 1
star
Libros

Comandos para dirixir o futuro

O grande acerto da colección Alicerces ao que pertence este volume é conseguir un ton divulgativo a temas que moitas veces resultan sorprendentes, cando non inéditos, para o lectorado. 
Xornada 'Fóra de Plano'. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

As mulleres "fóra de plano", en loita por "gañar foco" no audiovisual

A xornada 'Fóra de plano. As mulleres no audiovisual' reflexionou hoxe sobre a presenza feminina no sector da man de profesionais galegas. Tamén se presentaron os Premios Mulleres no Foco, colaboración da Deputación de Pontevedra e CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais).  
Foto promocional dos Rosales,
con Maruxa Miguéns ao bombo. (Foto: Edición Canela)
CULTURA

Maruxa Miguéns, unha pioneira entre os gaiteiros

'Os Rosales. O son da festa', libro que vén de lanzar a Editorial Canela na súa colección de tradición oral, recupera a historia dunha das mulleres pioneiras da música tradicional galega: Maruxa Miguéns. Foi por casualidade que entrou a tocar o bombo nos Rosales, o cuarteto do seu marido, Xosé Romero, para rematar converténdose nunha peza chave da formación, que coa súa voz e o seu toque se converteu nunha das máis demandadas do momento. "Mágoa que non foses home para vir con nós", dicíanlle os da banda antes nos ensaios. Pero non lle fixo falla.

Soidade

Gooooooool!

Pelotas e amnesia

Por unha perspectiva de xénero na medicina

Ánforas

Violencias

Soas

E hoxe, tamén

Violencia de xénero

Enredadas nos coidados?

1.074 bailarinas