prezos

A vivenda de nova construción escasea na Galiza, mentres aumenta noutros puntos do Estado. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
ECONOMÍA

O prezo da vivenda na Galiza dispárase malia as dificultades de moitas familias para mercar

Un informe do departamento de Vivenda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana amosa como o incremento da demanda despois do confinamento pola Covid-19 axudou ao valor taxado dos bens residenciais a seguir crecendo. Así, igual que os alugueiros, as contías que se demandan para mercar unha casa, con independencia das condicións nas que se atope non deixan de medrar.

Explotación gandeira en extensivo na Galiza (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O prezo do leite na Galiza atópase á cola do Estado

As gandeiras e gandeiros galegos están a vender o leite a perdas. Segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no mes de outubro as industrias compraron o litro de leite na Galiza a 0,34 céntimos cando os custos de produción se situaron en 0,40. O malestar no sector é evidente.
Protesta de Unións Agrarias en Outeiro de Rei. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Os gandeiros galegos mobilízanse pola alza dos custos de produción do leite

Producir un litro de leite custa 40 céntimos e a industria está pagando 33
Un camión cisterna verte leite ás portas da factoría de Lactalis en Vilalba (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Os gandeiros galegos cargan contra Lactalis polos prezos do leite

Critican a suba "irrisoria" de prezos da industria e piden trasladar os gandeiros e gandeiras as alzas rexistradas na distribución.

Prezos

Concentración na Coruña pola suba do prezo da luz, o pasado 19 de setembro.
ECONOMÍA

A luz volve marcar o domingo máis caro da historia

Esta é a terceira semana no que o prezo da luz bate a súa marca dun domingo de maneira consecutiva
Pasaxeiros agardan para subir a un tren de Renfe durante a última folga (Foto: Alejandro Martínez Vélez/Europa Press).
ECONOMÍA

Renfe deixa máis baratas as viaxes a Madrid que as conexións na Galiza

Usuarios denuncian nas redes sociais que para a ponte da Constitución sae máis barato ir de Ourense a Madrid que aproveitar a conexión coa Coruña. Consideran esta variación das tarifas "unha tomadura de pelo máis de España".
Factura (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

Os prezos na Galiza aumentan un 4,6%, a súa maior suba en 13 anos

A suba de prezos interanual en setembro en Galiza é a segunda maior entre territorios, só superada por Castela-A Mancha (+4,8%).
Todas as previsións apuntan a un incremento da tarifa nos próximos anos. (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

Unha suba de 725% nun ano: O prezo da luz seguirá en máximos até 2023

O prezo da luz rexistra hoxe unha cotización de 203 euros megawatts. Malia representar unha alza de 175 euros megawatts a respecto de hai un ano, analistas e reguladores públicos dan por feito que a factura eléctrica vai continuar incrementándose até 2023. O Bank of America amósase convencido de que a suba media anual da factura para os fogares ibéricos neste exercicio vai achegarse a 370 euros. Na mesma liña, maniféstase o Operador do Mercado Eléctrico Ibérico (OMIE), quen non agarda unha mudanza substantiva na situación até 2024.
Este 6 de decembro o prezo da luz multiplica por cinco o de hai un ano (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O prezo da luz volve subir hoxe, na segunda feira máis cara da historia

Será seis veces máis alto que o que se rexistraba hai un ano.
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Galiza é o territorio onde máis subiron os prezos da vivenda en xullo

As persoas que compraron un inmóbel en xullo pagaron 19,5% máis que as que o fixeron hai un ano
Imaxe dun home coas súas vacas no rural galego. (Foto: Cedida)
ECONOMÍA

Fruga alerta do impacto da luz nas explotacións agro-gandeiras galegas

A Federación Rural Galega, que invita os gandeiros e as gandeiras a participar nas mobilizacións deste domingo, denuncia que os custos da electricidade subiron preto de 200% só no último ano.

Dereitos de emisión e prezo da luz

Artigo do Colectivo de debate enerxético Bidán: Manolo Cabarcos, Quico da Silva e Fernando Branco.
A suba dos prezos déixase notar no cesto da compra. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A suba dos prezos duplica a dos salarios

O aumento dos prezos está a pór contra as cordas a economía de moitas familias galegas. Neste sentido, a alza do Índice de Prezos do Consumo (IPC) rexistrada no último ano xa duplica os incrementos salariais acordados nos convenios laborais de 2021. A perda do poder adquisitivo non dá tregua ás rendas máis baixas.
O prezo máximo,174,49 euros/MWh, chegará entre as 20 e as 21 horas.
ECONOMÍA

Novo récord do prezo da electricidade para fechar agosto, o mes máis caro da historia

O prezo medio diario da electricidade no mercado almacenista dispárase esta terza feira até unha nova marca histórica. Alcanzará os 130,5 euros por megawatt (MWh). Nunha semana, encareceuse 31%. 
rede eléctrica tensión
ECONOMÍA

Novo récord para o prezo da luz, que mañá superará os 124 euros

O prezo da electricidade previsto para mañá pulveriza o anterior récord histórico de 122,76 euros, acadado o 26 de agosto.
Granxa de polos. (Foto: Nós Diario) #granxa #polos
ECONOMÍA

As empresas seguen afogando as explotacións agrarias con prezos baixos

A Lei da Cadea Alimentaria non está a impedir na Galiza os prezos baixos que cobran as explotacións. As organizacións agrarias piden máis control e medidas mentres desde o Ministerio de Agricultura parabenízanse do resultado das inspeccións realizadas neste primeiro semestre.
Unha lámpada acesa (Foto: David Obach / Europa Press)
ECONOMÍA

Comercializadoras eléctricas cobraron até 30% máis do debido após a entrada en vigor da nova factura da luz

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia censura que algunhas comercializadoras non adaptaron correctamente os contratos de subministración dos seus clientes aos cambios normativos. Nalgúns casos, di, elevaron o termo de enerxía medio facturado até un 30% máis do que correspondería.
O prezo das froitas rexistrou unha importante alza durante este ano. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A cesta da compra dispárase na Galiza

Galiza lidera a suba do prezo dos alimentos no Estado mentres os salarios seguen caendo. A presión inflacionista déixase notar na cesta da compra. Mentres no conxunto do Estado os alimentos rexistran unha alza media de 1,5% no último ano, no país a suba sitúase en 2,4%, co peixe, ovos e froita tirando dos prezos. As previsións apuntan a novos incrementos no custo dos produtos básicos nos vindeiros meses.
2021011206524657795
ECONOMÍA

A luz acada esta sexta feira o seu segundo máximo histórico 

O prezo do megawatt hora (MWh) alcanzará os 117,14 euros, só un 0,13% por baixo do máximo histórico da pasada sexta feira, que se situou en 117,29 euros. Agosto rexistrará a factura mási cara da historia.