O Festival da Poesía encheu Salvaterra de solidariedade con Palestina

Milleiros de persoas xuntáronse este sábado na vila raiana para desfrutar dunha xornada reivindicativa e festiva a partes iguais.

Loita Amada e os ex integrantes de Sondarúa, Hugo Domínguez e Álex Arnoso, este sábado, no Festival da Poesía. (Foto: A. R. B.)
photo_camera Loita Amada e os ex integrantes de Sondarúa, Hugo Domínguez e Álex Arnoso, este sábado, no Festival da Poesía. (Foto: A. R. B.)

Bandeiras de Palestina e kufiyas asolagaron este sábado a vila de Salvaterra de Miño nunha nova mostra de solidariedade do pobo galego coa causa palestina, protagonista da 36ª edición do histórico Festival de Poesía no Condado.

Un ano despois da conmemoración dos 50 anos de vida da súa entidade promotora, a SCD do Condado, a solidariedade con Palestina foi o eixo das actividades programadas, entre as que non faltaron poesía, música e diferentes expresións artísticas, culturais e deportivas, nun encontro lúdico e reivindicativo que xuntou milleiros de persoas na vila raiana.

Arancha Nogueira, Lucia Cernadas, Diana Kurich e Shahd Wadi, este sábado, sobre o escenario do Festival da Poesía. (Foto: Nós Diario)
Arancha Nogueira, Lucia Cernadas, Diana Kurich e Shahd Wadi, este sábado, sobre o escenario do Festival da Poesía. (Foto: Nós Diario)

Identificando a loita de Palestina coa loita das mulleres, o elenco de poetas que este ano participou no Festival da Poesía foi exclusivamente feminino. En diferentes espazos e de maneira intercalada entre as actividades da xornada, recitaron os seus poemas a investigadora e poeta palestina Shahd Wadi, xunto a Arancha NogueiraInma Núñez NúñezDiana KurichIris Abril TeijeiraAfra TorradoLucía CernadasSusana AraujoSusana Arins e Charo Lopes.

Activismo

A escasos metros do torreiro da festa, situado na praza da Oliva, a praza do peixe foi o espazo escollido para acoller a Mesa das Ideas. Moderada pola activista galega Charo Lopes, e baixo o título “Palestina: ocupación, resistencia e solidariedade”, a que a investigadora palestina residente en Portugal Shahd Wadi, o clown activista Iván Prado, a eurodeputada do BNGAna Miranda, e o militante da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP) Fayez Badawi, indagaron en como a teoría da liberación de Palestina pode ser máis práctica e menos teórica.

No mesmo espazo tivo lugar a presentación do libro Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina (Tempo Galiza, 2024), que reúne 42 poemas e 12 ilustracións de artistas galegas solidarias coa causa, impulsado polas entidades Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Asociación Galaico-Árabe Jenin e Pallasos en Rebeldía, coa colaboración de BDS-Galiza.

Decorreron tamén as presentacións de No pasarán! e A guerra a Leste. 8 meses no Donbass coa presenza dos seus autores, David Cacchione e o colaborador de Nós Diario Bruno Carvalho, respectivamente, así como a novela gráfica Balada do Desterro, que aborda a relación do Zeca Afonso coa Galiza, a través de textos de Teresa Moure e ilustracións de Maria João Worm.

Bruno Carvalho, este sábado, na praza do peixe de Salvaterra de Miño durante a presentación do seu libro. (Foto: Nós Diario)
Bruno Carvalho, este sábado, na praza do peixe de Salvaterra de Miño durante a presentación do seu libro. (Foto: Nós Diario)

Mais desde a SCD do Condado insisten en que a participación da sociedade segue a ser imprescindíbel para que o verso que denuncia se transforme en protesta e, nesta liña, unha cadea humana uniu Salvaterra de Miño coa veciña Monçao a través da ponte internacional.

Música contra a barbarie

O torreiro do festival desbordou de música e baile con actuacións das festeiras Brassica Rapa xunto a unha nova aposta rapeira do Condado, Escola da Rata. Tamén estiveron no Condado Jafra Group, coa súa danza palestina, o Check Point Clown de Pallasos en RebeldíaOs CarunchosXabier Díaz e as Adufeiras de SalitreLoita AmadaBanda Bassotti e a banda viguesa Skárnio, así como Marqués de Vilapodre DJ Set.

Comentarios