prezos

O prezo da luz repunta esta segunda feira (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O prezo da luz repunta esta segunda feira despois da baixada do domingo

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado 'pool') situarase para esta segunda feira en 61,79 euros/MWh, rexistrando entre as 15 e 16 horas o prezo máis baixo do día

Control de prezos, ruína do pequeno comercio

Factura da luz. (Foto: Nando Vidal)
ECONOMÍA

A 'excepción ibérica' prorrógase até o 31 de decembro

A ministra Ribera anuncia un acordo con Bruxelas que introducirá mudanzas na norma.
En febreiro asináronse 1.241 hipotecas. (Foto: Paegag)
ECONOMÍA

O mercado inmobiliario reséntese na Galiza malia a mellora a nivel estatal

En xaneiro asináronse 8,6% hipotecas menos que no mesmo mes de 2022, mentres no conxunto do Estado español aumentaron por volta de 2,9%. O tipo de xuro medio fica en 2,65%, cun prazo de 25 anos.
Mercado de verduras do Bolhão Porto, Portugal. (Foto: alegría)
star
INTERNACIONAL

Portugal intenta fixar en 0% o IVE da cesta básica de alimentos

O Goberno Portugués anunciou onte a súa intención de decretar o "IVE cero" para os produtos esenciais do cesto da compra, no marco dun programa destinado a facer fronte á suba dos prezos. Sen saberse aínda que produtos se incluirán na exención do IVE, o Executivo tamén anunciou medidas como aumentar as axudas sociais ou o salario dos funcionarios para conter a suba no prezo da vida.
O ministro de Finanças de Portugal, Fernando Medina. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
INTERNACIONAL

Novas medidas contra a carestía da vida en Portugal: 'IVE cero', aumentos para funcionarias e apoios a familias vulnerábeis

O Goberno portugués anuncia medidas fiscais para atallar a crise de prezos.
Unha muller merca froita na cadea lusa de supermercados Pingo Doce (Foto: Four Square).
star
ECONOMÍA

O Goberno español di que "vixiará" as marxes de beneficio dos supermercados, mais que fan Portugal e Francia?

Os Estados europeos fronteirizos co español xa tomaron medidas prácticas para actuar sobre o incremento das ganancias das cadeas de supermercados. Mentres o Goberno luso estabeleceu un imposto sobre os beneficios extraordinarios das distribuidoras, o galo chegou a un acordo con estas empresas para limitar os prezos. Francia entende que reducir o IVE en determinados alimentos, como fixo o Goberno español, non abarata prezos. A vicepresidenta española Nadia Calviño limitouse esta quinta feira a afirmar que "hai que seguir moi de perto" as marxes de ganancia.
O director xeral de Economía e Estatística do Banco de España, Ángel Gavilán (Foto: Eduardo Briones / Europa Press).
ECONOMÍA

O prezo dos alimentos subirá 12% en 2023

O Banco de España revisa catro puntos á alza as previsións de inflación nos alimentos.
Obradoiro de pan na cidade de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

A compra sen glute sae 600 euros máis cara ao ano

A Asociación de Celíacos da Galiza (Acega) explica que a pesar dos avances nos últimos 25 anos na oferta e no prezo dos produtos sen glute, o gasto anual das persoas celíacas en alimentación segue a ser de media até 600 euros maior que o de calquera outra persoa usuaria. Neste sentido, a entidade pide compensacións para que estas consumidoras e consumidores non teñan que facerse cargo da totalidade do custo derivado de padecer a doenza celíaca.
O prezo da luz aumenta esta quinta feira (Foto: Rasstock).
ECONOMÍA

O prezo da luz dispárase 44,6% este sábado na Galiza

O prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado 'pool') situarase este sábado en 101,61 euros/MWh.
O prezo de vexetais como os pementos en destino chega a multiplicar por 140 o seu prezo en orixe, segundo o indicador IPOD. (Foto: Eduardo Parra  Europa Press)
star
ECONOMÍA

O prezo dos alimentos sobe sen beneficiar produtoras nin transportistas

O encarecemento do cesto da compra non repercute na marxe de beneficio nin das persoas produtoras nin do sector do transporte, que sofren uns custos que triplican os de hai 12 meses. O Índice de Prezos en Orixe e Destino sinala diferenzas de até 870%. Sindicatos labregos e transportistas valoran para Nós Diario os efectos da suba do IPC na cadea orixe-destino dos alimentos.

Encher o cesto

As verduras e as hortalizas aumentaron 23,6% o seu prezo nos últimos 12 meses, 5,6% no caso das froitas frescas e refrixeradas. (Foto: Jesús Hellín  Europa Press)
star
ECONOMÍA

Os alimentos encarecen 16,6% no último ano, a maior repunta desde 2002

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou esta terza feira os datos definitivos do Índice de Prezos de Consumo (IPC) correspondentes ao mes de febreiro de 2023, constatando o maior encarecemento da alimentación desde que existen rexistros. O prezo do cesto da compra continúa en aumento a pesar da redución do IVE aplicada polo Goberno do Estado.
 
Os alimentos e as bebidas non alcólicas son a tipoloxía de produtos que máis encareceron en 12 meses, cunha taxa de 15,6% (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
Gráficos

Os alimentos seguen sen dar tregua e encarecen 16,6% no último ano, a maior repunta da serie histórica na Galiza

O IPC xeral de febreiro marcou 6,4% na taxa interanual, o mesmo dato que o rexistrado en xaneiro e decembro e que é catro décimas superior á media do Estado español.
#aluguer #alugueiro #vivenda #piso #casa (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
ECONOMÍA

O alugueiro encareceu 8,1% no último ano

Un piso de 50 metros cadrados custa hoxe na Galiza, de media, 408,5 euros ao mes.
Edificios residenciais en Ourense. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O prezo da vivenda segue en máximos, cunha suba de 6,6% en 2022

A vivenda nova custaba ao remate do pasado ano 7,6% máis que en 2021, mentres no caso das casas e pisos de segunda man o incremento foi de 6,4%.
O Goberno estatal fecha a porta a incluír carne e peixe na prórroga da rebaixa do IVE (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Por que encarecen os alimentos? Quen queda cos beneficios? Así medran os prezos do campo á mesa

O Índice de Prezos en Orixe e Destino dos alimentos (IPOD), que actualiza cada mes a organización agraria COAG, recolle en febreiro deste ano prezos até nove veces máis caros para as persoas consumidoras que os que perciben gandeiros e agricultores.
Unha muller recolle grelos da horta familiar na recta final da temporada no concello de Xermade, na Terra Chá. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Limite ao preço dos alimentos?

O economista Joám J. Romero Durán analiza para 'Nós Diario' o posíbel límite dos prezos dos alimentos.
Carrefour foi a cadea de supermercados, entre as analizadas por Facua, que máis aumentou o prezo dos produtos durante o último ano no Estado español. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Francia pacta cos supermercados un cesto da compra 'antiinflación'

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación español, Luis Planas, valorou de forma "positiva" a iniciativa do Executivo galo
Galiza marca máximos no prezo do aluguer (Foto: Arxina).
POLÍTICA

O Congreso debaterá a tramitación dunha lei para limitar o prezo dos alugueres en zonas tensionadas

De aprobarse o texto legal, os Gobernos autonómicos serán os responsábeis de tomar as medidas precisas para limitar os prezos.