Reportaxe

Dúas mulleres no deserto do Sáhara. (Foto: Iago Varela)
star
Reportaxes

Sáhara: a vida nos campamentos de refuxiadas

Segundo Médicos do Mundo, 173.500 persoas viven nos campamentos de refuxiadas e refuxiados saharauís de Tindouf, en Alxeria. Fano soportando as extremas condicións do deserto, onde no verán se superan os 60 graos, e distribuídas en cinco campamentos (Auserd, Smara, Djla, El Aaiún e Boujdour), aos que se suma o de Rabunni, campamento administrativo do Goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Equipaxe que viaxou a bordo do buque 'Montserrat'.
star
Reportaxes

Historias da emigración: As xeracións do 'Montserrat'

Até o día 14 de xaneiro de 2024 será posíbel visitar a exposición 'As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido' no Kiosco Alfonso, na Coruña. Unha colección de fotografías, documentos e obxectos que compoñen a historia de centos de galegos e galegas que emigraron a Inglaterra a bordo dos buques Montserrat e Begoña. Un proxecto comisariado por Xesús Fraga e con deseño expositivo de Pepe Barro, promovido polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello da Coruña. 
Un dos cadros de Urbano Lugrís
star
Reportaxes

Urbano Lugrís: 50 anos de surrealismo mariño

Neste ano 2023 fanse 50 anos do pasamento dun dos artistas máis prolíficos e fundamentais da Galiza contemporánea: Urbano Lugrís González. Pintor, escritor, editor... Lugrís defínese como unha figura principal da estética galega do século XX, que deixaría unha pegada vital na configuración do imaxinario celta e atlantista. Moitas das súas obras puideron ser desfrutadas polo pobo durante décadas, xa que a súa faceta excepcional de muralista permitiu salpicar os cafés de todo o país coas súas mostras.
Edificio Salvo, na praza da Independencia de Montevideo, capital do Uruguai.
star
Reportaxes

Uruguai, o país das 40.000 galegas e galegos na 'Suíza' da América do Sur

Uruguai é un dos grandes descoñecidos da América do Sur, malia ser o destino de miles de galegos e galegas que emigraron no século pasado para buscar un futuro mellor. Ten unha limitación de espazo e unha escasa poboación, pero é un país rico no sector primario, moderno e cunha estabilidade económica e social que para si quererían moitos dos seus veciños. Agora trata de facerse un oco no apartado turístico.
Xuntanza de músicos no Bar Figueiro. (Foto: Foliada de Fonsagrada)
star
Reportaxes

Foliada da Fonsagrada

A da Fonsagrada pasou de ser unha foliada marcada no calendario daquelas persoas pertencentes ao ámbito tradicional a ser o chamado "festival de inverno". Un festival que decorre na ponte de decembro e que conta agora con persoas seareiras doutros xéneros musicais, como poden ser as músicas urbanas. 
Fragmento de Muíño. Circa 1930. A estética surrealista da pintura metafísica Francisco Miguel
star
Reportaxes

Diario de Bértoa: A recuperación dun artista galego da vangarda

Syra Alonso e Francisco Miguel formaron un deses tándems artísticos asociados á efervescencia cultural das vangardas do século XX. Emprenderon as viaxes da arte e voltaron á Galiza da etapa republicana habitando unha elocuente Casa da Felicidade no porto de Santa Cruz (Oleiros). Unha felicidade que quedou sepultada en setembro do 36. A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica vén de realizar os traballos na fosa común dos represaliados entre os que se atopaba Francisco Miguel.
A solaina, un bo sequeiro para a colleita de espigas (Cenlle, O Ribeiro). Estas fermosas restras de espigas pódense ver nas zonas da Galiza nas que non hai hórreos.
star
Reportaxes

O millo, na leira e na vida

Das moitas plantas de orixe americana que cruzaron o Atlántico, houbo dúas que se converteron en piares da subsistencia na Galiza. Foron as patacas e o millo que, coa súa produtividade, non só ampliaron as posibilidades de supervivencia da poboación senón que tamén produciron unha transformación dos usos e os costumes e modificaron e diversificaron a evolución dos espazos e as ferramentas agrícolas.
Lucas Díaz (na cabeceira da mesa) co seu equipo da Coruña. (Foto: Wifre Melendrez)
star
Reportaxes

Díaz & Díaz: clima e contexto

Na arquitectura existe unha relación moi profunda entre o edificio e o contexto. Outro factor ineludíbel á hora de pensar nun edificio é ter en conta as condicións particulares do clima da zona. O estudio de arquitectura Díaz & Díaz fai obras que aprenden do que os rodea e teñen tamén moi presente a orientación e os ventos dominantes.
Placa en homenaxe a Murguía.
star
Reportaxes

Transversal: o trazo azul da bandeira que hai en nós

O día 1 de febreiro deste ano 2023, a Real Academia Galega descubría no cemiterio de Santo Amaro da Coruña unha placa de honra a Manuel Murguía no seu centenario. A placa contén o trazo transversal da bandeira galega, que hoxe sabemos deseñada polo propio intelectual. É a mesma bandeira que foi vista por primeira vez no traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro a Bonaval, no mes de maio de 1891. E velaí que ese mesmo trazo transversal, oblicuo, de cor azul, é o mesmo que marcou xa mil días o centro da palabra nós, despregado no cabezallo do noso xornal.
O cineasta Pedro Costa. (Foto: Pep Herrero)
star
Reportaxes

Pedro Costa: recuperar o canto, recuperar a palabra

A Fundación Luis Seoane da Coruña exhibe até o vindeiro 17 de marzo a exposición Cancións de Pedro Costa, unha aproximación á obra do cineasta desde a súa relación co canto e coa palabra. Sermos Galiza aproveitou a súa visita para falar con el nunha conversa pola que sobrevoou constantemente a sombra do que está a acontecer en Gaza.
Imaxe de Ana Kiro que ilustra o tema "Florespiña" (Foto: PAMP! ft. Ana Kiro).
star
Reportaxes

Ana Kiro, a voz da cantante revive con 'Florespiña'

A Coruña acolle este sábado o AI Song Contest, o Eurovisión da intelixencia artificial. Galiza participa no certame representada co tema "Florespiña", na voz de Ana Kiro, unha das grandes referentes da canción lixeira no noso país revivida para a ocasión grazas á intelixencia artificial, xunto co equipo PAMP! e o apoio tecnolóxico do Centro Singular de Investigacións en Tecnoloxías Intelixentes da USC (Citius).
Emilio Araúxo, en Porto Quintela (Bande, Baixa Limia)en 2023 (Foto: Antón Mascato).
star
Reportaxes

Emilio Araúxo. A memoria da tribo

Filósofo, profesor, etnógrafo, poeta, novelista, tradutor, editor, fotógrafo;  promotor museístico, colleiteiro de palabras; memorialista da tribo, sabio, labrego cultural... son tantas e tan intensas as súas (pre)ocupacións que sorprende o escaso coñecemento que colectivamente temos da súa ampla obra.  Emilio Araúxo é a “impersonaxe”, a “non personaxe”, papel que reivindica para si mesmo dende o “non protagonismo” da súa enorme modestia.
Detalle dun debuxo inédito de Felipe-Senén.
star
Reportaxes

Entrada no tempo escuro: o de Defuntos, magostos, San Martiño e o gaélico 'Samaín'

As festas con canto comportan de tradición, creación e relacións denotan o estado da cuestión sociocultural dun pobo. Unha colectividade en crise de identidade, que perde as súas orixes, a súa orixinalidade, que se acultura, tende a deixarse levar pola arroiada da propaganda  a imitar: véxanse a proliferación de festas que en Galiza ocupan o almanaque festivo, entroidos ao longo de todo o ano, oktuberfests bávaras en agosto, batukadas brasileiras en toda algarabía, Halloween estadounidense ou mesmo Samaín gaélico irlandés ocupando o Tempo de Defuntos e Magostos da tradición galega. E, por medio, o andazo do botellón coa invasión dos lugares sacros e inmaculados de encontro, as campas, as praias...
Regueifa en Noia entre os anos 1890 e 1900. (Foto: Pietro Guerra)
star
Reportaxes

O Pobo que canta nunca morre: das regueifas ás músicas actuais

Das tradicionais regueifas ao free style pasando polo pop, o rap ou a folktrónica. As listaxes de éxitos musicais de hoxe en día deixan máis claro que nunca que a tradición e a cultura galegas son chave da receita do éxito. Mostra do cal son bandas e artistas que fan da Galiza a súa bandeira, traendo á actualidade ritmos e letras do folclore galego, desbotando a idea de que a nosa lingua e nosa cultura supoñen unha cancela para as carreiras musicais.
Retrato de Pepe Barro, fotografado na Central do Eume por Chano del Río.
star
Reportaxes

A cociña de Barro

Os deseños de Pepe Barro forman xa parte do imaxinario colectivo deste país. O seu traballo constitúe un mapa gráfico e emocional das últimas décadas, e contribuíu en gran medida a xerar os referentes gráficos da Galiza. Agora, a Fundación Didac exhibe en Compostela os seus cadernos de traballo, permitindo observar o que el mesmo chama o laboratorio de onde abrollan as súas ideas.
Homenaxe no Campo das Laudas en Cerdedo, comarca de Pontevedra.  (Foto: Capitán Gosende)
star
Reportaxes

O Campo das Laudas: construíndo memoria pedra a pedra

En Cerdedo, na comarca de Pontevedra, o colectivo Capitán Gosende ergueu un memorial de pedra en honra da veciñanza represaliada polo franquismo. O das Laudas é, desde o ano 2016, un campo en aras da xustiza histórica. Nel están os nomes de asasinados, detidos e perseguidos por defender a democracia e a liberdade. Adentrámonos no Campos das Laudas a través da palabra do escritor e profesor Calros Solla, un dos impulsores da iniciativa memorialista que vén, ademais, de inaugurar a undécima lauda en Cerdedo.
Paxillus involutus (Foto: Alejandro Mínguez).
star
Reportaxes

Media ducia de cogomelos que pasaron de ser comestibles a tóxicos

A Galiza é terra de cogomelos. A humidade e a temperatura suave de outono e primavera propician a aparición de especies en distintos hábitats, malia que cogomelos, haber, hainos todo o ano, comestibles e tóxicos. Cada vez hai máis afeccionados, máis actividades formativas, saídas... Pero tamén todos os anos hai ingresos hospitalarios por intoxicacións causados por falta de formación e ausencia de precaución. A divulgación micolóxica galega, iniciada en 1961, aínda ten moitos capítulos por escribir, malia o avance nesta materia, e restan accións en formación regrada e micoturismo. 
Exterior do Batalha Centro de Cinema. (Foto: Paulo Cunha Martins).
star
Reportaxes

Batalha. A casa de todos os cinemas

A apertura en decembro de 2022 do Batalha Centro de Cinema devolveulle á Baixa do Porto un edificio de intensa historia para usos culturais. Un espazo dedicado ao coñecemento e a arte que nace a partir do cinema e celebra con entusiasmo a complexidade e a diversidade da creación do pasado e do presente. Unha casa para pensar o mundo a través dos filmes en diálogo aberto con toda a cidadanía.
Mural de Pascual Veiga 
e Eduardo Pondal en Lugo realizado polos artistas Yoe 33 
e Marcos Pereira, do grupo Concepto Circo (Foto: Concello de Lugo).
star
Reportaxes

Restaurar o himno, facer xustiza

Manuel Ferreiro, filólogo e catedrático da Universidade da Coruña, defendeu esta semana na Cámara galega a iniciativa lexislativa popular pola restauración do texto fidedigno do Himno Galego. A proposta foi promovida por Vía Galega e a Federación Galiza Cultura, obtivo unhas 16.000 sinaturas e contou cos votos a prol do BNG, mais foi rexeitada ao votaren en contra o PP e o PSdeG. Polo seu interese, Sermos Galiza reproduce o núcleo da intervención de Ferreiro no Parlamento.
O artista Manuel Facal (Foto: Raúl Lorenzo).
star
Reportaxes

Un museo para Facal: A arte contemporánea florece en Carballo

A Fundación Manuel Facal e o Concello de Carballo veñen de presentar o anteproxecto para crear o Museo de Arte Contemporánea Manuel Facal. O artista bergantiñán quere un espazo no que deixar o seu legado e ao mesmo tempo colocar o seu Carballo natal no mapa museístico da Galiza e do mundo. Unha vivenda familiar na rúa sol e as súas obras conforman xa o esqueleto deste ambicioso proxecto bergantiñán.