Reportaxe

Camisolas 'O pobo que canta nunca morre' de Acontravento con deseño de Pruden Tatoo.
star
Reportaxes

Galiza está de moda: nova iconografía galega

Son innumerábeis as marcas de deseño que basean as súas creatividades en elementos da cultura galega. Nalgúns casos recrean emblemas clásicos da nosa historia; noutros, xeran unha nova iconografía galega con base no patrimonio material e inmaterial de noso, bebendo do pasado labrego e mariñeiro ou das figuras máis destacadas da literatura e da historia da Galiza. Símbolos de novo e de vello que reivindican orgullo de país. Só hai que visitar algunha das feiras de artesanía para constatar que a Galiza está de moda.
O carro 'O Fiadeiro' participante nun Folión de finais da década dos anos 60 (Foto: A. C. Amigos do Folión).
star
Reportaxes

Folión de Carros. O orgullo da memoria colectiva

Cada noite anterior ao cuarto domingo de agosto, Chantada celebra o Folión de Carros. Unha tradición ancestral que supón unha verdadeira manifestación cultural de indubidábel valor etnográfico. Se ben a súa orixe non está clara, o que si se pode afirmar é que se trata dunha celebración centenaria, que cada ano enche de historia as rúas da vila do Asma e transporta a súa poboación a tempos pasados converténdoa en 'carroceira' a través do histórico carro galego e da fortaleza das xugadas que del tiran. 
Grupo de guerrilleiros nas Fragas do Eume. (Foto: Arquivo particular)
star
Reportaxes

A prehistoria da guerrilla galega. Fuxidos e combatentes de 1936 a 1940

O mito da "Galicia leal" promovido polo franquismo tivo na suposta ausencia de resistencia ao golpe de 1936 un dos seus piares. A historia da guerrilla antifranquista veu cuestionar este clixé, xunto con diversas investigacións sobre as complexas relacións entre resistencia e consentimento e as variadas formas de disenso. Mais faltaba contar os antecedentes da loita armada dos anos 40 que, segundo revelan nun ensaio Dionisio Pereira e Eliseo Fernández, non se limitaron ás accións defensivas dos fuxidos no monte.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, imprenta Roel, Vigo. 90 x 70 cm. Museo de Pontevedra.
star
Reportaxes

Os carteis do Estatuto de 1936. Unha empresa artística ante a Historia

Os once carteis do Estatuto de 1936 constitúen unhas das maiores creacións de imaxes de Galicia. Mais alá do atractivo inmediato da súa accesibilidade, a súa dobre identidade -teñen un aspecto artístico, estético, e son representativos das liberdades e principios cívicos tanto galegos como universais- é o que os fai hoxe tan valiosos tanto para o público xeral como para os especializados. Cada un dos carteis narra unha historia. Mais dispostos en conxunto, tal como se fixera en xuño de 1936, constituían unha formidable visión de infindas connotacións.
Interior da ferraxería Malasa de Cambre. (Foto: Luís Díaz)
star
Reportaxes

Sinaldaba: Contrapunto

A suma de elementos moi diferentes, en lugar de ruído, pode xerar harmonía. É preciso estudar atentamente os elementos que interveñen e buscar o xusto equilibrio entre as partes. Este recurso é habitual en arquitectura. O estudio coruñés Sinaldaba ten alcanzado resultados moi interesantes mesturando materiais e texturas moi distintos. 
Memorial no campo de concentración de Mauthausen, en Alemaña (Foto: S. G.).
star
Reportaxes

Galegos en Mauthausen. Loitar contra o esquecemento

Entre os anos 1940 e 1945, máis de 200 galegos estiveron recluídos en campos de concentración do III Reich. Entre eles, o de Mauthausen, que se caracterizaba por ter as condicións de detención máis severas de toda a Alemaña nazi. Alba Garrido Fernández relata no seu libro De Galicia a Mauthausen (Galaxia, 2023), con nomes e apelidos, as tráxicas historias destes 208 prisioneiros galegos cuxas vidas se viron truncadas polo avance do fascismo en Europa.
Mural de Adega, en Vigo, contra os incendios forestais a inicios dos oitenta (Foto: Xan Carballa).
star
Reportaxes

De Rosalía a Adega. As orixes do ecoloxismo na Galiza

Rosalía de Castro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedraio e outros moitos autores e autoras galegas tiñan unha fonda preocupación pola temática medioambiental. A cuestión da defensa da terra, sempre presente na sociedade galega, desembocou na creación en 1974 da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega). Sermos Galiza repasa con dúas das persoas que ostentaron a súa Presidencia, Ramón Varela e Adela Figueroa, o pasado e o futuro desta organización ecoloxista.
Unha malla (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

A malla. Recuperando unha tradición de traballo colectivo

Agosto é mes de festa e tamén de traballo no rural galego. Un dos labores que máis xogo deu nas parroquias do país tiña lugar nesta época e reunía ducias de persoas: era a malla. Coa mecanización, o proceso básico de separar o gran da palla foi evolucionando até desaparecer nos anos 70. Agora quedan as festas que se organizan en concellos como Lalín ou Meira para lembrar a tradición e mostrar á mocidade parte dun tempo que finou.
As Ellas, un dos lugares da Terra da Fala (Foto: Pepe Barro).
star
Reportaxes

A Fala. Orgullo da xente

A nena que nace en Valverdi, As Ellas ou en San Martiño de Trebello vén ao mundo cun gorentoso pan debaixo do brazo. Pero non nos referimos ao alimento básico da humanidade desde a prehistoria. Non se prepara enfornando a masa feita con cereal, auga, e lévedo. Nesa contorna, o pan é a lingua. Din os expertos que non hai lugar en Europa no que a poboación teña tan alta a estima lingüística como nas 3.700 persoas residentes no val de Xálima. "Na Galiza fálase como aquí e aquí fálase como na Galiza", díxonos un señor maior á porta da súa casa...
A última xornada electoral de Angola decorreu en setembro do pasado ano (Foto: Chen Cheng / Xinhua News / Contactophoto).
star
Reportaxe

Perspectivas no Terceiro Mundo: Angola na encrucillada

Despois de superar máis de catro décadas de conflitos armados, Angola vive nunha aparente estabilidade política con múltiples problemas económicos derivados da súa dependencia externa, en particular pola venda de recursos naturais ao exterior.
Maruja Mallo (Gran Enciclopedia Argentina).
star
Reportaxes

Relato veraz: O verán de 1936 en Galicia segundo a pintora Maruja Mallo

Maruja Mallo foi unha persoa intelixente e extremadamente libre, unha pioneira orixinal e transgresora e unha recoñecida artista de vangarda. Membro da Generación del 27, acuñou o termo Sinsombrero que hoxe usamos para referirnos a ese grupo de mulleres intelectuais que, a comezos do XX, souberon romper as normas e vivir doutra maneira. Neste artigo tentaremos demostrar que, ademais, foi unha muller loitadora e solidaria; especialmente sensible ante o sufrimento da clase traballadora e das mulleres.
EIntervención no Hotel Acouga de Celanova (Foto: Héctor Santos-Díez).
star
Reportaxes

MOL Arquitectura: Artesáns

Artesanía e industria precísanse e a arquitectura é a demostración. Ao rehabilitar un edificio, por exemplo, é imprescindíbel buscar o punto de encontro entre adaptarse ás imperfeccións da realidade e facer uso da tecnoloxía moderna. As mans expertas fan posíbel conciliar os dous mundos. O estudio de arquitectura MOL combina o traballo dos artesáns, manual, coas últimas innovacións tecnolóxicas en materiais.
Planta fotovoltaica de E.nova Enerxía na sede en Carral do Grupo Da Cunha (Foto: E.nova Enerxía).
Publirreportaxe

E.nova Enerxía amplía os seus horizontes como enerxética integral para a industria galega

Nenas e nenos, con pulseiras coa bandeira galega no pulso (Foto: RAG).
star
Reportaxes

Virar o rumbo, o ámbito político no foco

A aprobación da Lei de Normalización Lingüística foi un fito histórico. O galego gañou novos ámbitos, a produción cultural florece, a maioría da poboación sabe lelo e escribilo. Non obstante, segue perdendo falantes, os grandes medios danlle as costas, vellos prexuízos rebrotan con brío e xorden outros novos. Que había que facer e non se fixo? Que se fixo mal? Que se puido facer mellor? Como reverter a súa perda? Mesmo se non temos respostas claras, cómpre formular esas preguntas.
Nenos portando unha faixa na manifestación en defensa da lingua de decembro de 1987, en Compostela (Foto: S.G.).
star
Reportaxes

40 anos, u-la normalización lingüística?

A Lei de Normalización Lingüística fai 40 anos e aínda se entende non como punto de partida do proceso de normalización do galego, senón como máximo ao que aspirar condicionado a non cuestionar a hexemonía do español. En 1986, o Tribunal Constitucional sentenciou a subordinación do galego con aparencia de cooficialidade, onde o prefixo "co" remarca que a verdadeira oficialidade só corresponde á lingua do Estado. Hoxe, coa participación da Xunta da Galiza, a ausencia e exclusión do galego de gran parte dos espazos da vida social impide o seu uso normal, favorece a perda de falantes e obstaculiza novas incorporacións.
Juana de Vega en 'La Ilustración de Madrid', cara a 1871.
star
Reportaxes

O legado político de Juana de Vega

Nin dóciles, nin submisas, senón mulleres conscientes das súas responsabilidades cos máis desfavorecidos e sen medo a enfrontarse coas autoridades masculinas para conseguir os seus propósitos. Así describe o historiador Xosé Ramón Veiga as damas da Asociación de Señoras de Beneficencia da Coruña, da que Juana de Vega foi presidenta. Este autor vén de publicar unha biografía da condesa de Espoz y Mina na que subliña o seu compromiso político, como asesora do liberalismo progresista e como filántropa, como unha mostra de como mulleres do seu tempo lograron desbordar, de facto, os mandados patriarcais. 
Fondo da ría de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

O medio galego, os retos da natureza

"Mareas vivas, xa nunca máis. O mar, o mar... quen mo foi levar?", pregunta Mercedes Peón na súa canción O mar, aquela que abría a célebre serie Mareas Vivas na televisión pública galega. 24 anos despois, o mar da Galiza, ese bravo océano Atlántico que baña as súas costas, pode responder a Peón: levounos o mar a contaminación, a sobreexplotación das pescarías, o cambio climático, a eólica mariña. O mes de xuño trae os días mundiais dos arrecifes, do medio ambiente e dos océanos, ocasión que aproveitamos para analizar o seu estado.
Oleiro de Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo (comarca de Allariz-Maceda). (Foto: Amaianos)
star
Reportaxes

A memoria do barro

Outrora oficio de campesiños relegado ás necesidades dunha Galiza eminentemente rural, a olaría tradicional galega sobreviviu ao paso dos séculos vencellada ao seu simbolismo. Unha artesanía que mantén as esencias da súa elaboración tradicional e que se adaptou aos novos tempos e aos requirimentos que fixo a chegada da modernidade. Unhas pezas que gardan na súa historia a memoria dun país.
Vivenda de campo en Coristanco (Foto: Iván Casal).
star
Reportaxes

Seara Peleteiro, xogo xeométrico

O xogo e a diversión forman parte da infancia pero pérdense ao chegar á vida adulta, esquecendo esa forma de experimentar o mundo. Os arquitectos Juan Seara e Berta Peleteiro tratan de recuperar o espírito lúdico na experiencia da arquitectura. Crean espazos sorprendentes e inesperados, dentro dunha xeometría clara. Conxugan a sensibilidade co territorio e o rigor construtivo coa diversión.
Fotografía sobre un lenzo en paradoiro descoñecido no 
que Román Navarro recollía 
a vida cotiá do lavadoiro 
do Caramanchón (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Picasso na cidade de cristal e auga. As lavandeiras como fonte de inspiración do pintor

Un dos cadros máis importantes do século XX semella un cristal roto en mil anacos. Son mulleres dos estratos máis baixos da sociedade que un enfant terrible da pintura quixo quebrar. Unha década antes, ese mesmo rapaz era aclamado nunha cidade galega como neno prodixio. Efectivamente érao, un dos primeiros alumnos que tivo a nova escola de Belas Artes da Coruña. A cidade estaba cambiando, configurado esa estética de cristal que hoxe a caracteriza. A última infancia de Picasso, o alumno avantaxado, foi testemuña dos cambios e das permanencias que as clases populares vivían nunha cidade feita de cristal e auga.